Xornalistas aprenderán como combater o discurso de odio

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social levarán a cabo esta iniciativa sen custe para os colexiados.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/06/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) organizan o curso online "Comunicación social para combater o discurso de odio". O vindeiro 30 de xuño é a data elixida para a súa celebración, a cal se poderá acceder a través da plataforma de formación online do CPXG. O curso é gratuíto para os colexiados.

Imaxe recurso curso online - AFS formación
Imaxe recurso curso online - AFS formación

Este curso ten como obxectivo analizar determindas linguaxes que temos interiorizas coas que podemos transmitir odio. Observaranse traballos xornalísticos e enumeraranse algunahas técnicas para combatelo e propoñer narrativas alternativas.

A charla estará impartida por Uxía Pérez Fieiras e Verónica Couto Tasende, ambas as dúas xornalistas e técnicas de educación social de Agareso. O curso conta cun número limitado de prazas, polo que para incribirse é necesario enviar un correo a xornalistas@xornalistas.gal antes do 25 de xuño. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta