Morre un home nun choque contra unha columna en Santiago tras sufrir unha indisposición

O incidente tivo lugar ás 17.30 deste xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2021 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

Un home faleceu nun accidente de tráfico en Santiago ao sufrir unha posible indisposición mentres circulaba nun automóbil que chocou contra unha columna na Rúa de Monte dos Postes.

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 17,30 horas. Foron os axentes da Garda Civil de Tráfico os que alertaron do sinistro.

Foron avisados, entre outros, 061, Policía Local, Bombeiros de Santiago e Protección Civil. Xa no lugar do accidente, os servizos sanitarios, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida ao condutor e único ocupante do coche accidentado.

A Garda Civil investiga un accidente de tráfico
A Garda Civil investiga un accidente de tráfico | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta