Por E.P. | A CORUÑA | 15/06/2021 | Actualizada ás 11:54
Os dous xerentes dun club de alterne de Bergondo cusados de non dar de alta a 17 traballadoras recoñeceron os feitos e aceptaron 12 meses de prisión no xuízo celebrado na mañá deste martes na Audiencia Provincial da Coruña.
Segundo explica o Ministerio Fiscal no seu escrito, en marzo de 2017 atopábanse prestando servizos laborais no establecemento cinco traballadores --dun total de nove-- que si foran dados de alta: tres con funcións de camareiro, unha de limpeza e outra de recepcionista.
Con todo, había outras 17 traballadoras como camareiras de alterne sen dar de alta na Seguridade Social, das cales catro foran contratadas a propósito xa que carecían de permiso de residencia e de traballo.
Os homes enfrontábanse a catro anos de cárcere, pero finalmente chegaron a un acordo para unha pena de 12 meses de prisión por un delito contra os dereitos do traballador e sete meses de multa nos que terán que abonar sete euros diarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.