Camariñas, Malpica de Bergantiños e Soutomaior, en nivel medio de alerta

Saen del Mos, Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/06/2021 | Actualizada ás 21:27

Comparte esta noticia

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza desta tarde o nivel medio de restricións para os concellos de Camariñas, Malpica de Bergantiños e Soutomaior. Un nivel do que saen Mos, Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove.

Terraza
Terraza | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press.

Os restantes  concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 19 de xuño.

O comité reunirase de novo o vindeiro martes para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta