Nova fronte entre Educación e o Goberno Central: "non pode ser igual aprobar que suspender"

A Xunta rexeita o plan de Celáa para reducir os supostos nos que un alumno debe repetir curso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2021 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

A Xunta manifestou o seu rexeitamento ao proxecto do Ministerio de Eduación que expón limitar os casos nos que un alumno de primaria ou secundaria debe repetir curso, unha medida que o departamento de Educación da administración galega considera que "vai en contra da igualdade de oportunidades".

"Non pode ser igual aprobar que suspender; esforzarse ou non esforzarse", resumiu o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, a preguntas dos medios este mércores nun acto celebrado na Cidade da Cultura de Santiago. Alí, lamentou coñecer o proxecto do Goberno central "a través dos medios de comunicación", polo que emprazou a que se lles remita "o texto definitivo" para poder "ter unha visión máis explícita" sobre as medidas que expón o departamento que dirije a ministra Isabel Celáa.

En todo caso, o plan que marca o Goberno, avanzado polo diario El País este mércores, de limitar os casos nos que un alumno debe repetir curso non é compartido pola Administracción galega, que considera que, do mesmo xeito que "o decreto do aprobado xeral", esta medida "pode xerar un aspecto pernicioso no sistema".

"Hai algo básico (na educación) como é a cultura do esforzo, a motivación; que é o que garante a igualdade de oportunidades", subliñou Rodríguez, antes de engadir que "isto non quere dicir que non se atenda aos alumnos con máis dificultades". Para o conselleiro, apostar polo alumno "que se esforza" e apoiar ao que ten "dificultades" para "que non quede atrás" son "aspectos compatibles", polo que avanzou que Galicia, a expensas de coñecer en detalle a proposta do Goberno, manifestará a súa oposición a que se flexibilicen os criterios para repetir curso en primaria e secundaria.

Varios estudantes esperan para facer un exame nunha aula da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela
Varios estudantes esperan para facer un exame nunha aula da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: César Arxina - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta