As vantaxes da filla do alcalde de O Grove nunhas oposicións

É a mellor situada nunha proba da Deputación de Pontevedra da que só quedan tres aspirantes. Está casada co presidente do PP de Ribadumia e concelleiro neste municipio e é filla do acalde de O Grove, Miguel Angel Pérez.

Por Galicia Confidencial | O Grove | 25/11/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

13,08. Esa é a nota que, polo momento, acadou Alma María Pérez Aguiño, filla do acalde de O Grove, Miguel Ángel Pérez, nunhas oposicións a administrativo convocadas pola Deputación de Pontevedra. 

Aínda quedan tres exercicios pero Pérez Aguiño só ten dous rivais que, curiosamente, teñen un 8,65 e un 6,35, respectivamente. Son os únicos tres supervivintes de 77 candidatos. O resto foron eliminados na segunda proba da oposición

Alma María Pérez é filla de Miguel Ángel Pérez, tamén funcionario e alcalde de O Grove en 1991, mandato que iniciou na oposición e rematou como goberno. En 1999 foi relixido e repetiu en 2003. En 2007 perdeu a alcaldía e foi xerente do Parque de Bombeiros do Salnés, tamén dependente da deputación. En 2011 volveu encabezar a candidatura do PPdeG que foi a máis votada obtendo sete concelleiros pero sen maioría absoluta. Miguel Ángel Pérez volveu ser elixido alcalde pouco despois grazas ao apoio dos concelleiros Alfredo Bea (PGD) e Aida Filgueira (AMeca).

Xa traballou na deputación

A candidata a estas oposicións da deputación tamén se benificiou en 2010 dun programa da Xunta de desenvolvemento do comercio asociado en 2010. Previamente, en xullo 2008, xa se candidatara a varios empregos no organismo que dirixe Rafael Louzán, entre eles, aos de director do proxecto Aquelando 2, como técnica de emprego e inserción social, como orientadora laboral, como técnica en formación e axente de igualdade de oportunidades, como téncio de autoemprego e redes locais de emprego, como auxiliar administrativo, como auxiliar de orientación laboral e como auxiliar de inserción social e redes locais de emprego. 

 

En 2012, Alma María Pérez Aguiño traballaba tamén para o organismo provincial como coordinadora da Oficina Provincial de Comercio REDIC e dirixindo a Campaña de Dinamización Comercial "Merca na rúa", unha campaña de dinamización comercial que desde o ano 2009 leva xa percorridas 20 vilas da provincia de Pontevedra e repartidos 60.000€ en vales de compra entre 520 persoas agraciadas.

Casada co presidente local do PP de Ribadumia

Esta muller está casada con Martin serantes alvarez, concelleiro das áreas de Urbanismo e Medio Ambiente en Ribadumia --concello natal de Rafael Louzán-- e  presidente del PP de Ribadumia. De feito, Serantes substituiu a ex alcaldesa de Ribadumia en 2006 ao fronte do partido tras impulsar louzán unha xestora local. 

É membro da directiva do PP de Pontevedra, tal e como recolle a súa web .Curiosamente, o seu irmán, Luis Serantes Álvarez, --tamén integrante da dirección provincial do PP de Pontevedra--, figura como xefe de gabinete de Presidencia da Deputación de Pontevedra.

O propio Martín Serantes é asesor da deputación e dirixe o bufete de Avogados Bufete Serantes y Gallego que ten traballado, tamén, para o concello do que é concelleiro, o de Ribadumia. En xullo de 2010 defendeu a este municipio nun pleito no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

Neste despacho traballa como socio Albeto Gallego Rivera, sobriño do senador e ex alcalde de Vilagarcía de Arousa, José Luis Rivera Mallo. Gallego Rivera tamén se encargou de defender ao concello de O Grove en varios procesos xudicias. o Bufete Serantes y Gallego tamén foi beneficiado, en agosto deste ano, do II plan de práctica laboral da deputación 2013, para mozos titulados universitarios e de formación profesional.

 

Por outra banda, Martín Serantes figura en 2009 como vogal do consello de administración da autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Xunta, xunto con outros dirixentes do PPdeG, como José Manuel Cores Tourís, Juan Maneiro Cadillo ou Covadonga Salgado Blanco. 

 

A familia de Serantes tamén recibiu varias axudas da Xunta e da deputación. Así, en 2004, o Goberno galego concedeulle una subvención de 135.000 euros para as instalacións da bodega Serantes Álvarez, SL.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

11 Cleo

O sinvergüencerío deste axuntamento do grove aínda chega máis lonxe..senón véxase o pxom diseñado para as amizades e acorde dos intereses do concelleiro de obras..é q nadie se percata do que está pasando neste pobo gobernado por caciques? o pobo non pode facer nada? carreteras inmensas nunha aldea na que só viven 10 habitantes todo o ano, aceras, rotondas, expropiacións, piornos que nin aparecen nos mapas para poder quitar os muros dos veciños e ampliar a carretera..un despropósito que non respeta nada!!e a quen beneficia todo isto??averigüen un pouco..E a Alma esa ten tanto rostro como seu pai!!

10 Hannibal Lecter

9 Pregunto

A filla de Ferrín o de FPG-AGE segue na Academia? E o xenro que

8 Luisa

Caramba !! No he leído que a pesar de desempeñar toda esa labor en su trabajo en la Diputación, lo hubiese hecho mal...y leo que ha desempeñado labores. Conozco a Alma, su constancia, su tesón, conoce el sacrificio y el coste de las cosas. Además que Alma.... ¡tiene alma !

1 oterillo

jobar que rostro teneis los enchufados del pp ya nos os cortáis un pelo porque no lo haceis mas descarado vergiuenza os debía de dar aunque claro siempre encontrareis enchufe para vuestra familia eso si después a pedir moscosos y que trabajen los pringados que n o tinen enchufes vosotros nbo teneis alma teneis rostro y una cara muy dura

2 Luisa

jajajaja...Hablar sin saber lo que se habla. Sin duda la IGNORANCIA es atrevida.

3 Luisa

jajajaja...Hablar sin saber lo que se habla. Sin duda la IGNORANCIA es atrevida.

4 anticaciques

Como me rio cando leo q estudiaba sete horas...e logo sendo asi x q non se presentou tamen ao exame de auxiliares, a min q me perdone pero estudiando taaaanto non facelo seria de tontos, non? Ou e q xa ten moi asegurada a plaza de administrativo q xa non se rebaixa a un simple posto de auxiliar? Ou como e q non se presentou a outros concello como fai a xente q realmente prepara oposicions? Na facultade aprobaba, si, e tamen copiaba todo o q podia e mais, e amigos non deixou moitos, x algo seria...os pobres solo se arrimaba para pedirlles apuntes ou para recordarlles q o eran... Era moi maja, si, e moi boa persoa...anda ya!!! Sigamos asi, q imos ben. Habera q confiarna xustiza universal...

7 María

Alma é unha persoa moi envidiada, por infinitas razons, xa non só a súa demostrada valia academica, sinon pola súa capacidade laboral,por esa elegancia innata, ese saber estar, esa dulzura persoal e todos esos valores que esta muller ten e por desgraza faltan na nosa sociedade de hoxe en día (boa traballadora, boa filla, boa muller, boa nai e boa amiga). Segue así Alma, que só os que te coñecemos ben temos criterio para opinar, é non te preocupes mellos ser envidiada (QUE E E MAL NACIONAL) que que digan POBRIÑA ! Un bico.

1 Politóloga

Xa, Alma, coñecida polo boa persoa que é, polo clasista que é con todo o mundo. Os que estudamos en Ciencias Políticas con ela sabemos que é BURRA, MOI BURRA. Insultaba e ríase da xente que non tiña posibles, desprezada á xente porque non eran de familia bien. Ela que lle cosía os logos das marcas á roupa, e con deixa de ser filla dun cociñeiro de dunha auxiliar de clínica, oficios moi dignos dos que ela se avergoña