Temas: EDUCACIóN

Nais e pais poderán solicitar desde este venres o 'Bono Concilia'

Este ano aumenta un 10% en todos os tramos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/06/2021 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

As nais e os pais galegos poderán solicitar a partir deste venres a axuda do Bono Concilia, que este ano aumenta un 10% en todos os tramos. Este xoves, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará a orde da convocatoria, orientada ás familias que non obtiveron praza nun centro público.

Alumnado de educación infantil nunha aula dun centro educativo
Alumnado de educación infantil nunha aula dun centro educativo | Fonte: Europa Press.

As axudas poderán solicitarse a partir do venres. O bono concilia, que vai de 50 a 275 euros ao mes para un neno que acode a xornada completa a unha escola infantil con comedor, supón unha contía destinada para aquelas familias cuxo fillo non ten praza nun centro de carácter público.

Neste curso supuxo axudas para rebaixar as mensualidades a 1.420 familias cun só fillo, xa que os seguintes teñen praza gratuíta --sexa en centros públicos, de iniciativa social ou privados adheridos--.

Esta prestación é compatible con outras destinadas a sufragar gastos de escolas infantís, sempre que non se supere o custo da praza. Para obter o Bono Concilia, é necesario pedir unha praza pública e que fose denegada ou non se axustase ás necesidades horarias porque os dous pais traballan pola tarde ou en quendas rotatorios.

Temas: EDUCACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta