Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/11/2013 | Actualizada ás 20:12
CCOO-Sanidade, CESM Galicia, O’Mega e CIG-Saúde convocan unha conferencia de prensa para mañá martes, día 26 de novembro, para presentar as mobilizacións da folga da sanidade pública galega. Na convocatoria explicarán as mobilizacións que haberá en Galicia os días 8, 9 e 10 de decembro. Intervirán os secretarios xerais das catro organizacións: Ángel Cameselle (CCOO-Sanidade), Cándido Andión (CESM), Víctor Crespo (O’Mega) e María Xosé Abuín (CIG-Saúde).
A folga no SERGAS chega entre continúas denuncias da privatización do sistema público mediante as chamadas "areas de xestión clínica". Segundo os sindicatos, grazas a este novo sistema por ver primeira a Xunta poderá deixar as mans de certos servizos de atención aos pacientes en mans de empresas. Isto abre a porta a recurtes salariales e despedimentos dos traballadores.
A ameaza da privatización pende, por exemplo, sobre a planta número oito do CHUAC coruñés, onde se presta atención cardiolóxica. Os auxiliares de enfermería dese servizo convocaron un paro para o 28 de novembro. O risco de privatización pende tamén sobre varias áreas do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), onde o minoritario sindicato Traballadores da Sanidade Pública tamén covoca un paro para as datas citadas.
A nivel galego, a folga convocada polas centrais de traballadores máis importantes comezará o día 8 as 20 horas e rematará as 22 horas do día 10. Un dos motivos da protesta é o "repago" que agora deben asumir os enfermos crónicos polas medicinas obtidas nas farmacias hospitalarias.
Este recorte tamén é criticado nunha recente editorial do Colexio de Médicos de Ourense. Na súa revista Auriensis os galenos critican que o copago carece de sentido e que dana aos doentes máis graves. O Colexio salienta que "única reforma estructural que se lle ocorre ao Ministero de Sanidade" é baixar os salarios.
Ademais, todos os colectivos da Sanidade alertan das baixas tasas de reposición do cadro de persoal que colle unha baixa ou se xubila. No SERGAS traballan máis de 33.000 persoas e, segundo cálculos das centrais, perderon máis do 30 por cento do seu poder adquisitivo nos últimos anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.