Documento.- Losada resposta

O secretario xeral da Vicepresidencia, Antón Losada, remite un comunicado dando resposta ás acusacións feitas polo PP sobre as presuntas acusacións da súa ex empregada do fogar...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/03/2007 | Actualizada ás 21:41

Comparte esta noticia

COMUNICACIÓN OFICIAL DE ANTONIO LOSADA EN RESPOSTA A PETICIÓN DE ACLARACION DO PP

Santiago, 10 de marzo de 2007.- Ante as explicacións pedidas publicamente polo PP, formulando graves acusacións contra a miña persoa sobre a base de un rumor e unha suposta denuncia efectuada en algún medio sen ningún tipo de proba ou acreditación documental, e que me imputa determinadas irregularidades en materia de contratación laboral dun servicio doméstico, quero puntualizarlle ao PPdeG o seguinte:

1.- A traballadora Amalia Castro González, suposta asinante da denuncia nos medios, prestaba no meu fogar un servizo doméstico a tempo parcial nos termos previstos no Real Decreto 1424/85 e no Real Decreto Lexislativo RDLG 1/95, que establece que este tipo de relación no precisa facer contrato a través do servizo público de emprego, que o contrato non precisa a forma escrita e basta a forma verbal e neste caso prescríbese a súa duración por un ano susceptible de prórroga por períodos igualmente anuais salvo denuncia notificada ao traballador/a cunha antelación alomenos de 7 días antes do vencemento. A devandita relación de servicio doméstico articulábase atraveso dun contrato verbal pactado de mutuo acordo que tiña como condición que se prestaba por horas. Os termos do contrato verbal eran claros: un servizo doméstico a tempo parcial nunca superior a 80 horas ó mes e que ademáis incluía un mes de vacacións pagadas ao ano, en concreto o mes de agosto. Cada ano procedíase puntualmente a actualizar o que cobraba por hora traballada en función da carestía da vida, e sempre de mutuo acordo.

O montante das horas a traballar pactouse en función da dispoñibilidade da propia traballadora, quen compatibilizaba e compatibilizou sempre esta actividade coa prestación de idénticos servizos noutros domicilios particulares de Santiago de Compostela, o traballo como axente libre dunha mutua de seguros e un contrato laboral para o servizo de limpeza dun colexio de Santiago, onde traballaba todas as tardes de luns a venres mentres durou a relación.

Respecto do rexime de seguridade social, este tipo de relación rexese polo réxime especial de empregados do fogar, (Real Decreto 1251/01; no Real Decreto 1131/02 e na Orde Ministerial TAS/29/3006 de 18 de xaneiro). Cando a relación de servicio doméstico supera as 80 horas e se fai de xeito único e exclusivo para un único empregador, a obrigación de asegurar é do propio empregador. En todos os demais supostos, a obriga corre a conta do empregado. No caso de Amalia Castro, non concorría ningunha destas condicións: non superaba as 80 horas e efectuaba outros servicios domésticos e de limpeza fóra da miña casa. Era obrigación súa estar asegurada, así se lle manifestou sempre expresamente e sempre nos acreditou que estaba asegurada, como así era e proba delo é que cando lamentablemente sufriu unha grave enfermidade o seu seguro se fixo cargo da baixa.

2.-Amalia Castro González sempre estivo contratada principalmente para prestar tarefas de limpeza no fogar. A miña filla foi matriculada aos 6 meses do seu nacemento, no ano 2001, na gardería da Universidade de Santiago de Compostela, onde estivo ate cumprir o limite dos 4 anos, sempre en réxime de pensión completa. Alí a levabamos cada día e era atendida con esmero dende as dez da mañá e ate as 5 da tarde polo excepcional equipo de profesionais que traballan nese centro de referencia. Actualmente está matriculada en réxime de pensión completa nun colexio a onde acude diariamente en horario escolar. As follas de matricula de todos eses cursos están a disposición do Partido Popular se as quere verificar.

3.-Lamentablemente fai tres anos, Amalia Castro empezou a padecer unha enfermidade que chegou a tela de baixa por un período de varios meses, a nosa casa lle continuou pagando puntualmente cada mes porque quixemos facelo, o precisaba e nos pareceu de xustiza pois sempre se comportou adecuadamente con toda a familia. Contratouse á oportuna substituta, que nos foi recomendada pola propia traballadora e tiña unha relación de parentesco con ela. Cando recibiu a alta médica, reincorporouse á prestación deste servizo no meu domicilio nos termos que ela mesma fixou como máis axeitados para a súa mellor recuperación e poder someterse regularmente ós chequeos oportunos.

3.-En setembro do ano pasado, 2006, a traballadora Amalia Castro González plantexounos unha subida do prezo que cobraba por hora para continuar prestando este servizo na nosa casa, manifestándonos que de non aceptar as súas condicións, prefería marchar pois tiña outras ofertas mellor pagadas. Valoramos esta petición e finalmente acordamos que cesara na prestación do servizo doméstico, dado que ela tiña ofertas mellores e se ían a producir cambios nas miñas circunstancias familiares que ían a significar unha reducción significativa das horas de servicio a prestar no noso fogar. Non houbo polo tanto despido algún senón unha resolución de mutuo acordo que concluiu a prestación de servizos en setembro do 2006.

Os devanditos cambios pertencen á miña esfera estrictamente persoal, pero tamén podo dar conta detallada dos mesmos se o Partido Popular considera que ten dereito a coñecer esa información.

4.- Esta é a verdade dos feitos, que ademais teño acreditada coa documentación pertinente, documentación que a pesares de que pertence á miña vida privada, poño a disposición do PP. A partires de aquí, se alguén mantén ou contrario, rógolle que asuma a responsabilidade de acreditalo con probas.

Quero finalmente manifestar o meu estupor e desprezo polo feito de que un partido político democrático esixa a un responsable público que aclare un rumor e unha acusación sen proba algunha e feita non se sabe ben onde nin como, e difundida en medios de dubidosa credibilidade. Cada quen terá que asumir a súa responsabilidade pola súa forma de facer política. A miña é crer que todo o mundo é inocente mentres non se demostre o contrario e esa carga da proba corresponde sempre ó acusador.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

28 anxo

Leo moitas veces a Estevo e non me parece unha persoa tonta nin desinformada, so que a veces, ó faltarlle argumentos, fai unhos análises un pouco desencamiñados. A iniciativa de crear un grupo enerxético non é de Industria e de unhos empresarios que, sabeo ben, teñen moito que ver co pp ainda que non che guste. As consellerías DA XUNTA E que conforman O GOVERNO DA XUNTA que estan dirixidas legal pero ilexítimamente por membros do bnga carecen en xeral de calquer iniciativa e isto e coñecido polos galegos e só a xente ilusionada (lexítimamente) coma ti, fai esforzos por creer o contrario.
Non me importaría contarche cousas que coñezo de preto do que fan os teus que te darían noxo.
Se viviras un antes, saberías que non existe presente na Xunta, ainda esta en fase de descalificacións, dentro de pouco empezarán a copiar e seguir o que antes se facía e cando aprendan algo xa estarán fora deste medio governo vendido solo para non perdelo sillón.
So podes dubidar de que o que digo e verdade se estas en algún gabinete do bloque e ves o bosque tras o arbore ou estas moi lonxe e tes moitas montañas diante.
Nembargantes, xa me gustaría que tiveras un pouco de mando directo nesta xunta desmembrada, polo menos tes ilusión e ainda que coido que te equivocas, non a perdas pero tampouco perdas a perspectiva que dan os feitos. Por certo, botalle unha man a algúns correlixionarios teus que non teñen mais argumentos que as descalificacións e os insultos que neste mesmo foro xa son varios, da gusto ver a algúns do bloque educados.

27 O moinante

O PP precisa a ETA activa para poder governar.

Felí d’Empordà

Por isso escarcelava os presos ontem. Por isto hoje está histericamente contra o processo de paz. E ETA sobrevive graças aos meios (o PP). O caso de Juana Chaos é exemplar. O próximo fim dialogado de ETA é o seguro fim do PP. São os dias mais tristes para o PP. A estabilidade do país basco é seu fim. Andam desesperados como almas em pena sonhando com uma rebeliom feixista contra a Governo

. Agora nos inteirámos da generosidade do PP, que escarcelou a centos de etarras, muitos condenados por assassinato e permitiu e estimulou o regresso a mais de 300 exilados bascos. O curioso é que ninguém perguntei ao PP o por que, nem ninguém pesquise as causas de tão grande paradoxo.

Paradoxo: O PP hoje manifesta na rua pela prisão atenuada (casa por cárcere) concedida a De Juana, acusado de umas supostas ameaças e condenado injustamente a 12 anos por juízes conservadores, e o mesmo PP, quando governava, escarcelava a etarras.

26 O moinante

O PP nom joga com a ultra dereita, é a ultra dereita.

As concentrações da passada sexta-feira e a de ontem sábado contra do Governo espanhol e em particular contra Rodríguez Zapatero pola sua decisom de transladar a Iñaki de Juana a um hospital de Donostia levaram a certos sectores a sobre dimensionar estas manifestações.

Quanta gente se mobilizou na passada sexta-feira? Nom é fácil o precisar. Os convocantes nom deram cifras e a maioria de meios falam de «dezenas de milhares». Umha quantificaçom mais precisa ( pessoas que cabem num metro quadrado dividido entre os metros quadrados de espaço ocupado) somam 38.200 manifestantes nas diferentes cidades. A mobilizaçom do sábado em Madrid, sendo generosos, nom chega nem aos 330.000. Isso supom o 8,25% da povoaçom do Estado espanhol.

Onde se enquadram os sectores sociais objectivamente consideráveis de extrema direita e feixistas, é evidente que em sua imensa maioria se acolhem no PP. Fora dele pouco existe. Democracia Nacional, que pretende passar pelo aliado espanhol de Le Pen, nom obteve mais que 15.180 votos nas últimas eleições. As três facções da Falange, somaram em conjunto 27.166 papeletas. Hoje em dia som associações como a Fundação para a Defesa da Nação Espanhola - convocante das concentrações da passada sexta-feira- as que representam a essência da direita mais extrema, e está presidida poloo parlamentar do PP: Santiago Abascal.

25 O moinante

O PP nom joga com a ultra dereita, é a ultra dereita.

As concentrações da passada sexta-feira e a de ontem sábado contra do Governo espanhol e em particular contra Rodríguez Zapatero pola sua decisom de transladar a Iñaki de Juana a um hospital de Donostia levaram a certos sectores a sobre dimensionar estas manifestações.

enquanto acusam ao PP de «coquetear com a ultraderecha» ou de «compartilhar espaço com a ultraderecha».

Quanta gente se mobilizou na passada sexta-feira? Nom é fácil o precisar. Os convocantes nom deram cifras e a maioria de meios falam de «dezenas de milhares». Umha quantificaçom mais precisa ( pessoas que cabem num metro quadrado dividido entre os metros quadrados de espaço ocupado) somam 38.200 manifestantes nas diferentes cidades. A mobilizaçom do sábado em Madrid, sendo generosos, nom chega nem aos 330.000. Isso supom o 8,25% da povoaçom do Estado espanhol.

Onde se enquadram os sectores sociais objectivamente consideráveis de extrema direita e feixistas, é evidente que em sua imensa maioria se acolhem no PP. Fora dele pouco existe. Democracia Nacional, que pretende passar pelo aliado espanhol de Le Pen, nom obteve mais que 15.180 votos nas últimas eleições. As três facções da Falange, somaram em conjunto 27.166 papeletas. Hoje em dia som associações como a Fundação para a Defesa da Nação Espanhola - convocante das concentrações da passada sexta-feira- as que representam a essência da direita mais extrema, e está presidida poloo parlamentar do PP: Santiago Abascal.

24 Queen Ana

Grande vassalo este Losada que leva as labazadas mentres o seu senhor baila e bica belas e velhas nos serans organizados pela conselhería.
P.D Magoa de tomate galego sobre a vida e milagres do serviço doméstico dos políticos galegos. Pagaría pelas meorias da mucama de Kori Porro ou da chacha de Alberto Nuñez Feijoo, ou da plancha bragas da familia Rajoil.