O Concello de Pontevedra pide á Xunta que ordene a Ence deixar de captar auga do río Lérez

A decisión foi adoptada este xoves na xunta de Goberno local, segundo informou a tenente de alcalde, Eva Vilaverde. Neste sentido, indicou que o Concello fai esta petición ante a "situación complexa de baixada paulatina dos niveis do río" e á vista das previsións meteorolóxicas para os próximos días con tempo seco.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/08/2025 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra enviará unha comunicación á Xunta para instarlle a que ordene á empresa ENCE a que a súa fábrica de en Lourizán deixe de captar auga do río Lérez para poder garantir así o abastecemento á poboación. A decisión foi adoptada este xoves na xunta de Goberno local, segundo informou a tenente de alcalde, Eva Vilaverde. Neste sentido, indicou que o Concello fai esta petición ante a "situación complexa de baixada paulatina dos niveis do río" e á vista das previsións meteorolóxicas para os próximos días con tempo seco.

Na súa comparecencia, Eva Vilaverde explicou que o caudal do río xa quedou por baixo do caudal ecolóxico, que é de 1,516 metros cúbicos por segundo. Segundo os datos oficiais ofrecidos polo Concello de Pontevedra, este mércores 13 de agosto o caudal máximo da auga no río Lérez foi de 1,54 m3/s e o pico máximo durante o día foi 1,54 m3/s. Chegando a baixar o mínimo ata os 1,410 m3/s. Por tanto, tal e como recalcou a tenente de alcalde, a media quedou en 1,479 m3/s, que supón estar por baixo do caudal ecolóxico do río.

Eva Vilaverde incidiu en que "isto é especialmente grave se se ten en en conta a tendencia e a predición meteorolóxica para os próximos días". Por estes motivos, a portavoz municipal fixo "un chamamento á Xunta" para que, "por favor", decrete xa a parada de Ence para que non se siga captando auga do río Lérez, "porque corre risco o abastecemento da poboación nos próximos días".

O complexo industrial de Ence na Ría de Pontevedra
O complexo industrial de Ence na Ría de Pontevedra | Fonte: Gustavo de la Paz - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta