Documento.- Losada resposta

O secretario xeral da Vicepresidencia, Antón Losada, remite un comunicado dando resposta ás acusacións feitas polo PP sobre as presuntas acusacións da súa ex empregada do fogar...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/03/2007 | Actualizada ás 21:41

Comparte esta noticia

COMUNICACIÓN OFICIAL DE ANTONIO LOSADA EN RESPOSTA A PETICIÓN DE ACLARACION DO PP

Santiago, 10 de marzo de 2007.- Ante as explicacións pedidas publicamente polo PP, formulando graves acusacións contra a miña persoa sobre a base de un rumor e unha suposta denuncia efectuada en algún medio sen ningún tipo de proba ou acreditación documental, e que me imputa determinadas irregularidades en materia de contratación laboral dun servicio doméstico, quero puntualizarlle ao PPdeG o seguinte:

1.- A traballadora Amalia Castro González, suposta asinante da denuncia nos medios, prestaba no meu fogar un servizo doméstico a tempo parcial nos termos previstos no Real Decreto 1424/85 e no Real Decreto Lexislativo RDLG 1/95, que establece que este tipo de relación no precisa facer contrato a través do servizo público de emprego, que o contrato non precisa a forma escrita e basta a forma verbal e neste caso prescríbese a súa duración por un ano susceptible de prórroga por períodos igualmente anuais salvo denuncia notificada ao traballador/a cunha antelación alomenos de 7 días antes do vencemento. A devandita relación de servicio doméstico articulábase atraveso dun contrato verbal pactado de mutuo acordo que tiña como condición que se prestaba por horas. Os termos do contrato verbal eran claros: un servizo doméstico a tempo parcial nunca superior a 80 horas ó mes e que ademáis incluía un mes de vacacións pagadas ao ano, en concreto o mes de agosto. Cada ano procedíase puntualmente a actualizar o que cobraba por hora traballada en función da carestía da vida, e sempre de mutuo acordo.

O montante das horas a traballar pactouse en función da dispoñibilidade da propia traballadora, quen compatibilizaba e compatibilizou sempre esta actividade coa prestación de idénticos servizos noutros domicilios particulares de Santiago de Compostela, o traballo como axente libre dunha mutua de seguros e un contrato laboral para o servizo de limpeza dun colexio de Santiago, onde traballaba todas as tardes de luns a venres mentres durou a relación.

Respecto do rexime de seguridade social, este tipo de relación rexese polo réxime especial de empregados do fogar, (Real Decreto 1251/01; no Real Decreto 1131/02 e na Orde Ministerial TAS/29/3006 de 18 de xaneiro). Cando a relación de servicio doméstico supera as 80 horas e se fai de xeito único e exclusivo para un único empregador, a obrigación de asegurar é do propio empregador. En todos os demais supostos, a obriga corre a conta do empregado. No caso de Amalia Castro, non concorría ningunha destas condicións: non superaba as 80 horas e efectuaba outros servicios domésticos e de limpeza fóra da miña casa. Era obrigación súa estar asegurada, así se lle manifestou sempre expresamente e sempre nos acreditou que estaba asegurada, como así era e proba delo é que cando lamentablemente sufriu unha grave enfermidade o seu seguro se fixo cargo da baixa.

2.-Amalia Castro González sempre estivo contratada principalmente para prestar tarefas de limpeza no fogar. A miña filla foi matriculada aos 6 meses do seu nacemento, no ano 2001, na gardería da Universidade de Santiago de Compostela, onde estivo ate cumprir o limite dos 4 anos, sempre en réxime de pensión completa. Alí a levabamos cada día e era atendida con esmero dende as dez da mañá e ate as 5 da tarde polo excepcional equipo de profesionais que traballan nese centro de referencia. Actualmente está matriculada en réxime de pensión completa nun colexio a onde acude diariamente en horario escolar. As follas de matricula de todos eses cursos están a disposición do Partido Popular se as quere verificar.

3.-Lamentablemente fai tres anos, Amalia Castro empezou a padecer unha enfermidade que chegou a tela de baixa por un período de varios meses, a nosa casa lle continuou pagando puntualmente cada mes porque quixemos facelo, o precisaba e nos pareceu de xustiza pois sempre se comportou adecuadamente con toda a familia. Contratouse á oportuna substituta, que nos foi recomendada pola propia traballadora e tiña unha relación de parentesco con ela. Cando recibiu a alta médica, reincorporouse á prestación deste servizo no meu domicilio nos termos que ela mesma fixou como máis axeitados para a súa mellor recuperación e poder someterse regularmente ós chequeos oportunos.

3.-En setembro do ano pasado, 2006, a traballadora Amalia Castro González plantexounos unha subida do prezo que cobraba por hora para continuar prestando este servizo na nosa casa, manifestándonos que de non aceptar as súas condicións, prefería marchar pois tiña outras ofertas mellor pagadas. Valoramos esta petición e finalmente acordamos que cesara na prestación do servizo doméstico, dado que ela tiña ofertas mellores e se ían a producir cambios nas miñas circunstancias familiares que ían a significar unha reducción significativa das horas de servicio a prestar no noso fogar. Non houbo polo tanto despido algún senón unha resolución de mutuo acordo que concluiu a prestación de servizos en setembro do 2006.

Os devanditos cambios pertencen á miña esfera estrictamente persoal, pero tamén podo dar conta detallada dos mesmos se o Partido Popular considera que ten dereito a coñecer esa información.

4.- Esta é a verdade dos feitos, que ademais teño acreditada coa documentación pertinente, documentación que a pesares de que pertence á miña vida privada, poño a disposición do PP. A partires de aquí, se alguén mantén ou contrario, rógolle que asuma a responsabilidade de acreditalo con probas.

Quero finalmente manifestar o meu estupor e desprezo polo feito de que un partido político democrático esixa a un responsable público que aclare un rumor e unha acusación sen proba algunha e feita non se sabe ben onde nin como, e difundida en medios de dubidosa credibilidade. Cada quen terá que asumir a súa responsabilidade pola súa forma de facer política. A miña é crer que todo o mundo é inocente mentres non se demostre o contrario e esa carga da proba corresponde sempre ó acusador.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

23 anxo

creín que este era o foro de comentarios do energúmeno-xefe do bnga (teñen moitos mais), pero non, e un remix onde se fala do asesiño-xefe de ETA. Só os energúmenos defenden ós asesiños, a un asesiño múltiple, non arrepentido e manifestando a sua ledicia de que alguén morra non se lle pode dar ningún beneficio e é necesario apartalo da sociedade por todolos medios que a lei o permita. Seguro que isto no no entende todo o mundo porque queda moi ben ser condescendente. POIS SEDE CONDESCENDENTE COAS VICTIMAS E SUAS FAMILIAS.
E triste ver como para salvar o tipo, o zapatitos se doblega (por medio de un ministro tonto útil) e humilla a toda unha sociedade.
Joder, parece do bloque

22 O moinante

Castrinho, saiu-che um companheiro em babosadas, o Jesusinho; si, é o parvinho da escola, lembras?

21 Jesús

Creeme o moinante, necesitas ayuda. ¿Te imaginas un hijo que odia a su madre? No es lo normal. A todos nos parece que nuestra madre es la mejor madre del mundo. Objetivamente esto no es así porque todas las madres del mundo no pueden ser las mejores del mundo. Pero lo son para sus hijos. Y recurrimos a ellas siempre que las necesitamos. Incluso después de su muerte. Ahí en Galicia seguro que decís “Ahí mamaiña” cuando os sentís desvalidos.
Sin embargo, existen hijos que odian a su madre. ¿Alguien duda de que eso es una desgracia que le ha caído encima?
Igual sucede con el país al que uno pertenece. ¿Se puede concebir a un francés que odie a Francia, un ingles que odie a Inglaterra, un norteamericano que odie a USA? Pues haberlos hailos pero necesitan apoyo psicológico.
En tu caso, moinante, odias a España que es tu país, tu nación. Eso no es posible evitarlo como nadie puede elegir a su madre. No es ningún desdoro, eso se cura con tratamiento, no suelen quedar secuelas, una vez que aceptes a España como tu nación serás feliz y encima te parecerá la más maravillosa, como tu madre.

20 Nocelo

A Xosé Castro seica lle vai a marcha bondage.

19 Xosé Castro

Ai, moinante meu, canto disfrutan neste foro coa nosa relación... ¿Que che parece se lle pedimos aos da SGAE que lles cobre o imposto? Se cadra hai para algún detalle.
Ben, volvamos ao noso. Parafraseando a Borges, descoñezo o sentido da túa existencia, como descoñezo o sentido do universo. Pero algo hai nas túas palabras que confirma a túa ignorancia... Síntoo moito. De veras, meu caro moinante.