Un escape de gas en Tomiño obriga a desaloxar varios edificios

O incidente foi solventado dúas horas despois.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia



Un escape de gas nun depósito situado nas inmediacións da praza do Seixo, en Tomiño (Pontevedra), obrigou a desaloxar varios edificios da zona.

Diso informou o CIAE 112 Galicia, que tivo coñecemento dos incidente minutos máis tarde das 15,30 horas deste luns.

Varias chamadas de veciños alertaban da existencia dunha fuga dun tubo de gas que, ademais de ser visible, desprendía un forte cheiro.

Nese momento, a central do 112 activou o dispositivo, no que participaron efectivos dos bombeiros do Porriño, o GES da Guarda, axentes da Garda Civil, Protección Civil e os profesionais de Urxencias Sanitarias 061, así como membros da Policía Local.

O incidente saldouse sen que resultasen persoas afectadas, aínda que por precaución procedeuse ao desaloxo dos edificios da zona.

Tras informar á empresa distribuidora do gas do acontecido, o escape foi reparado ás 19,00 horas, segundo informa o CIAE Galicia. A partir dese momento, os veciños puideron regresar aos seus fogares.

Parque de Bombeiros. EUROPA PRESS - Arquivo
Parque de Bombeiros. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta