Xosé Benito Reza presenta en Santiago o libro "Un galego no Camiño Portugués"

O acto celebrarase o 24 de xuño no Pazo de San Roque.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2021 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

Xosé Benito Reza presenta no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela o seu libro "Un galego no Camiño Portugués". O acto celebrarase o vindeiro xoves 24 de xuño ás 18:00 horas. En dito acto, o autor estará acompañado de Manuel González, membro da Real Academia Galega e coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro de Humanidades e do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García.

Libro 'Un galego no camiño portugués' - cedida
Libro 'Un galego no camiño portugués' - cedida

Neste libro contarase a historia dun galego que decidiu ir a Lisboa para subir en bicicleta ata Santiago por un camiño esquecido que el ten a intención de recuperar. Por mor da Covid, no acto haberá que respectar as distancias de seguridade e o uso obrigatorio da máscara. Prégase ao público que se achegue 30 minutos antes do comezo para evitar aglomeracións, xa que a entrada é libre ata completar o aforo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta