Finaliza a proba de funcionamento das sirenas de aviso por perigo á poboación en 33 presas de Galicia

En Galicia hai 45 plans de emerxencias aprobados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2021 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

A proba de funcionamento das sirenas de aviso á poboación dun total de 33 presas galegas, realizada entre as 9,00 e as 16,30 horas deste martes, finalizou con éxito.

En total, segundo informou a Vicepresidencia primeira da Xunta, soaron máis de 70 sirenas situadas por todo o territorio e adscritas ás presas de Albarellos, As Cunchas, As Guístolas, Baíña, Brandariz, Belesar, Caldas, Casoio, Castrelo, Chandrexa, Cenza, Frieira, Montefurado, O Bao, O Con, Os Peares, Penarrubia, Portas, Portodemouros, Prada, Pumares, Río Cobo (Collado e dique), Salas, San Cosmade, San Martiño, San Pedro, San Sebastián, Santa Eulalia, Santo Estevo, Sequeiros, Touro e Vilagudín.

Así mesmo, a partir das 10,00 horas activáronse as sirenas de aviso adscritas ao plan de emerxencia exterior do depósito de residuos mineiros de Alcoa en Xove.

Para a proba contouse coa colaboración dos titulares das infraestruturas: Alcoa, Endesa, Iberdrola, PHG e Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa); así como membros de ProtecciónCivil dos municipios afectados, e da Confederación Hidrográfica Miño Sil e Augas de Galicia.

A Xunta lembrou que en Galicia, actualmente hai 45 plans de emerxencia de presa aprobados. Os obxectivos que perseguen con este tipo de plans é ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían alagadas, e ter previstos os sistemas de aviso.

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta