Repunta da covid en Galicia: soben os casos activos tras rexistrar máis de 100 contaxios

Tamén aumenta a taxa de positividade, que segue en limiares aconsellados pola OMS: 2'79%. Por contra, baixan os hospitalizados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2021 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Os novos contaxios de Covid-19 veñen de repuntar a 120 en Galicia, tras manterse por baixo do centenar desde hai días; os casos activos subiron a 1.305 e a taxa de positividade incrementouse ata o 2,79%. Por contra, a presión hospitalaria alíviase ao descender a 45 os pacientes hospitalizados por este coronavirus, que supoñen catro menos.

Dispositivo de cribado masivo
Dispositivo de cribado masivo | Fonte: Europa Press.

Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, descenden a 12 as persoas ingresadas pola Covid en UCI no conxunto Galicia --unha menos-- e baixan a 33 as que permanecen noutras unidades de hospitalización --tres menos--. Polo seu lado, hai 1.260 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas da Coruña e Cee e Ourense; mantense sen cambios na de Santiago e Barbanza; e alíviase nas de Vigo, Lugo, Ferrol e Pontevedra e O Salnés. En concreto, na da Coruña e Cee, aínda que seguen seis pacientes Covid en UCI, aumentan a 16 os ingresados noutras unidades --tres máis--; e na de Ourense continúa un en críticos e increméntanse a dous os doutras unidades --un máis--.

A de Santiago e Barbanza prosegue sen cambios cun hospitalizado en UCI pola Covid e un noutra unidade; mentres que na de Vigo continúa un en críticos e descenden a seis os doutras unidades --un menos--. Tamén na área de Pontevedra e O Salnés mantense un paciente Covid en UCI e descenden a catro os doutras unidades --dous menos--; e na de Lugo hai un en críticos --sen cambios-- e dous noutras unidades --dous menos--. Finalmente, na área sanitaria de Ferrol queda un paciente en Unidade de Coidados Intensivos debido á Covid-19, que supón un menos, e dous noutras, dous menos.

CASOS ACTIVOS EN AUMENTO

En canto aos casos activos de Covid ascenderon a 1.305, que supoñen 36 máis, tras o lixeiro descenso da xornada anterior, ao haber máis contaxios (120) que altas (84). Por tanto, mantéñense en niveis de mediados de agosto do ano pasado.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas ascenden nas da Coruña e Cee (+14), Pontevedra e O Salnés (+12), Lugo (+9), Santiago e Barbanza (+7) e Ourense (+7). Por contra, descenden nas de Vigo (-2) e Ferrol (-11). Así, á cabeza de casos activos mantense a área da Coruña e Cee, con 478; seguida da de Vigo, con 189; Lugo, con 173; Ourense, con 146; Pontevedra e O Salnés, con 128; Santiago e Barbanza, con 112; e á cola continúa Ferrol --a única con menos dun centenar--, con 79.

SOBEN OS CONTAXIOS

En canto aos novos contagios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba repuntaron a 120 e superan por primeira vez o centenar esta semana, ao rexistrarse 39 máis que a xornada anterior, tras iniciar a semana con 56, aumentar a 85 o martes e descender a 81 o mércores.

No conxunto de Galicia foron confirmados 115 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados por Sanidade, 32 máis que a xornada pasada, dos cales 27 corresponden á área da Coruña e Cee; 25, á de Pontevedra e O Salnés; 21, á de Ourense; 17, á de Vigo; 13, á de Lugo; e 12, á de Santiago e Barbanza, mentres que na de Ferrol non houbo.

Pola súa banda, a taxa de positividade repuntou por enriba do dous por cento ata o 2'79%, tras situarse nun 1,6% o día pasado, tras situarse nun 1,76% a xornada anterior e iniciar a semana cun 1,8%. No entanto, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fermín

Por certo, vostedes indican unha taxa de positividade do 2,79%. Non sei como a calcularon, pero se fan a conta de 120 casos novos entre 3635 probas PDIA efectuadas, o resultado é dun 3,3% de positividade.