A Xunta volve criticar ao Goberno central por excluír a concellos galegos dos fondos da renaturalización

Traslada á Fegamp que o 98% dos municipios "quedarán fóra" destes fondos que só irán aos concellos de máis de 55.000 habitantes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2021 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia trasladou á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) que o 98% dos municipios galegos "quedarán fóra" dos fondos que o Goberno central establecerá para fomentar as actuacións dirixidas á renaturalización, dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Nun comunicado, a Xunta informou de que a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, enviou unha carta ao presidente do ente municipalista, Alberto Varela, para informarlle de que, na última reunión da Conferencia Sectorial o pasado 15 de xuño, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico trasladou que o criterio de repartición dos fondos para acceder a eses incentivos centrarase na poboación, polo que os beneficiarios serán só as cidades de máis de 50.000 habitantes, o que excluiría dos mesmos a 306 dos 313 municipios da Comunidade.

A Xunta sinala que, polas características de Galicia, moi poucos concellos resultarían beneficiados destes fondos, co consecuente prexuízo para a maior parte. Sobre todo, dixo, tratándose duns fondos que teñen unha singular importancia e permiten e as entidades locais asumir actuacións xeradoras de emprego e de mellora das súas contornas.

Na súa carta, a conselleira tamén asegura que Galicia xa manifestou a súa postura en contra do criterio poboacional e pediu a reconsideración da postura do Ministerio para realizar unha repartición entre os concellos de máis de 20.000 habitantes.

Ángeles Vázquez comparece nun pleno do PG, en imaxe de arquivo. XUNTA
Ángeles Vázquez comparece nun pleno do PG, en imaxe de arquivo. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta