Acoden a Quintana tras o caso da AGAI

Remitennos unha carta, asinada por 53 persoas do mundo cultural e político, dirixida a Anxo Quintana e titulada "respetar ás minorías para gañar á sociedade", tras as presións do Consello Comarcal de Vigo contra o presidente da AGAI, Pedro Gómez-Valadés. Tamén militantes nacionalistas de EN se teñen dirixido, a través dunha misiva, ao candidato do BNG en Vigo, Santiago Domínguez Olveira.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/03/2007 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

O pluralismo interno é un valor no BNG cuxo significado vai máis alá dunha formulación meramente teórica. Para unha forza política con aspiracións a ser maioritaria na sociedade, o respecto efectivo ás minorías é fundamental por tres razóns:

1. Porque é o exemplo do modelo social e cultural da Galiza do futuro, onde todos e todas debemos ter cabida independentemente da nosa filiación política e ideolóxica, onde mesmo os non nacionalistas han compartir dereitos e obrigas con nós para a construción do noso país.

2. Porque o noso modelo organizativo está así concibido, admitindose a presentación de listas diversas que responden a sensibilidades diversas. Así se plasmou na última Asemblea Nacional, sendo considerado como unha riqueza e non unha debilidade do BNG.

3. E finalmente, e o máis importante, porque a mesma formulación dos Dereitos humanos individuais sempre debe preceder a calquera consideración de carácter colectivista. Isto é unha esixencia que toda a sociedade e non só BNG debe apoiar: todo deterioro destes principios en calquera lugar inicia a pendente que nos leva ao totalitarismo.O BNG iniciou un proceso de expulsión dun dos nosos afiliados. Primeiramente, votou a súa consideración de "militante de segunda" (sen posibilidade de acceso a cargos) en razón da súa pertenza a unha asociación legal e democrática, - ASOCIACIÓN GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL - que, como o seu nome indica, busca a amizade e a concordia entre os pobos. Dita purga vén motivada por unha lectura maniquea e unilateral dun conflito complexo e difícil; e é un atallo do colectivismo que viola os artigos 18,19 e 20 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e que contradí o principio do pluralismo e respecto ás minorias, situándonos nun novo escenario dentro do BNG:

1. Aniquila o sistema organizativo e representativo do que nos dotamos, e substitúeo por un sistema de purgas e imposicións de maiorías circunstanciais que crea inestabilidade e medo á depuración como novos principios organizativos.

2. Desmobiliza e retrae os nosos apoios sociais que observan eses novos principios organizativos de depuración como a pauta a seguir por un futuro BNG maioritario.

3. Converte unha determinada opinión de análise política internacional en filtro de pertenza plena á organización. A ideoloxía que resulta do filtrado é que o "antiimperialismo" que di defender o BNG renuncia ao acervo democrático occidental Ademais o antiimperialismo non debería estar por riba do pluralismo político, da liberdade de expresión e do dereito á discrepancia pública.É por iso que chamamos á solidariedade dos nosos compañeiros e compañeiras, dos nosos representantes institucionais e políticos, e mesmo de toda a sociedade para amparar un dereito humano e democrático. Reivindicamos o respecto ás minorías en favor de toda a sociedade galega.

 

   

01 - Xoán Bernárdez Vilar

02 - Abel Anxo García López

03 - Manuel Feás Sánchez

04 - Cesar Pazos Carreiro

05 - Mª Isabel Ferreiro Rodríguez

06 - Fernando del Rio Iglesias

07 - Francisco X.Lores Ínsua

08 - Xurxo Gregorio Vaqueiro

09 - José Henrique Pérez Rodríguez

10 - Florentino Pinheiro Vasques

11 - Xose Carlos Morell Gonzalez

12 - Xoan Xesús Rozas Neira

13 - Iago Pillado Losada

14 - Natalia Costas Alonso

15 - Fernando Acuña Rúa

16 - Henrique Monteagudo Romero

17 - Fernando Rodríguez Dacosta

18 - Miguel Mato Fondo

19 - Xosé María Moreno Villar

20 - Vitor Manuel Meirinho Guede

21 - MªLuisa Varela Nogueiras

22 - Alberte Mahía Rodríguez

23 - Felipe Gómez Morgade

24 - Francisco Xavier Freire Chico

25 - Carlos Pérez Sainz

26 - David Álvarez López

27 - Francisco Lores Santacecilia

28 - Alexandre Fernández Villaverde

29 - Alberte Vila González

30 - Gonzalo Cao Sousa

31 - Manoel Santos Díaz

32 - Quico Recondo Martínez

33 - Xosé Manuel Garcia Garcia

34 - Xosé Manuel Xil Ramos

35 - Xosé-Henrique Costas González

36 - Antonio Rodríguez Sampayo

37 - Diego González López

38 - Patricia Pampillón Vila

39 - Carlos Nuevo Cal

40 - Marta Toledano Funes

41 - Rosendo Gonzalo Covelo Roma

42 - Carlos Alonso Valladares

43 - Xavier Gómez Curras

44 - Xose Gómez Quintela

45 - Xosé Vixande López

46 - Daniel Monteagudo Ferreira

47 - Xavier González Carreira

48 - Manuel Currás Meira

49 - Susana Seoane Dovigo

50 - Heliodoro Álvarez Conde

51 - Xusto Molejón Valoria

52 - Xoaquín de Acosta Beiras

53 - Carlos Teixeira Rivas

 

Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

17 anxo

moinante, para ti todos sou cuitadiños, vas a caer do pedestal e matarte. Duvidas moito a veces, eres seguro outras, tes o desprecio e o insulto fácil, crees que o sabes todo sobre todo. Esa e a primeira caracteística do que sabe catro cousiñas, eu non dubido que esto que che digo non o entenderás, pois e ven sinxelo. Un pocuo de humildade en xeral e no teu caso en particular, sin ter que ser humilde, podes baixar da tua alta estima. Por certo, a ver se eres un pouco mais escueto, a veces eres un pouco pesado. Lili, sigue expresando o que che parece, estes profesores sin vocación teñen moito que aprender antes de dar clases.

16 O moinante

Lili:Minha cuitada!, ti comprendes o que les? Duvido muito, em fim.

15 desde el jergón

Unas declaraciones de Beiras sobre el caso palestino, saharaui y gallego:

Xosé Manuel Beiras: “É mais perversa e disfrazada a forma
de opresión colonial no caso galego que no saharaui e palestino”

O presidente da Fundación Galiza Sempre e catedrático de Economía da USC, Xosé Manuel Beiras, asegurou que “é mais perversa e disfrazada a forma de opresión colonial no caso galego que no saharaui e palestino. Non creo que sexa certo que os pobos saharaui e palestino teñan maior conciencia de si mesmos ca nós pola situación de violencia que viven. Só que a situación límite de asedio absoluto e violencia desatada exalta a reafirmación como mecanismo de defensa”.

“Ademais”, engadiu, “o colonialismo europeo en África comezou no XIX, mentres que o castelán se iniciou no XV. As diferencias étnicas e culturais marcadas manteñen mellor a diferenciación de identidades. No caso galego deuse unha asimilación por parte da colonia desde o século XV, e entre pobos con culturas próximas, que formaran parte do mesmo espazo socio-histórico desde o Imperio Romano”.

Xosé Manuel Beiras sinalou por outra banda que galegos, palestinos e saharauis “teñen en común que son tres nacións sen Estado propio, ubicadas na periferia do sistema, co que iso supón en canto a sociedades e economías subdesenvolvidas e culturas nacionais asoballadas. O problema saharaui e palestino nacen do sistema colonial e da descolonización, mentres que Galiza é unha colonia dentro do Estado español. Polo demais, o caso saharaui é absolutamente sangrante, e Palestina é vítima dunha situación de apartheid”.

Beiras participou, xunto co presidente da Fundación Araguanei, Ghaleb Jaber, e o subdelegado en Galiza do Sáhara, Mahmoud Elhiba, nunha mesa redonda organizada polos CAF da Facultade de Dereito de Santiago sobre as nacións sen Estado.

Responsabilidade histórica

Mahmoud Elhiba subliñou a “responsabilidade histórica” de España con respecto ao Sahara. O subdelegado en Galiza do pobo saharaui criticou ademais o xiro da postura do Goberno do Estado con respecto ao tema. “Zapatero dixo que a proposta marroquí era a base para negociar, e iso é apoiar a Marrocos. O Rei afirmou que España apoiaría a determinación dos saharauis, pero iso contradi a Zapatero. Nós non pedimos moito, só que se celebre un referendo para que poidamos decidir se independizarnos ou pertencer a Marrocos”, dixo.

Elhiba denunciou, ademais, recortes recentes na axuda humanitaria, que atribúe a un intento de “presionarnos para que aceptemos a autonomía baixo a soberanía de Marrocos”. Alén das carencias que os refuxiados saharauis viven no seu exilio en canto á cobertura das súas necesidades básicas, o representante deste pobo asegura que “mantemos e transmitimos ós mozos a nosa cultura”.

“Ninguén se molla para obrigar a Marrocos a aceptar as mais de trinta resolucións da ONU sobre o Sahara. Todo está supeditado aos intereses políticos e económicos”, concluíu.

Pola súa banda, Ghaleb Jaber subliñou as semellanzas entre Galiza e Palestina, coma “a xeografía de pequenas aldeas cunhas poucas vilas grandes, o individualismo, a emigración e a industrialización deficiente”.

Israel e Palestina

Jaber explicou que “Israel e Palestina son a cabeza visíbel dun gran enfrontamento rexional, a diferencia é a desigualdade de poder entre israelíes e palestinos, bloqueados económica e territorialmente. Hai un proxecto entre Occidente e o sionismo para facer un Estado xudeu segundo o modelo do pobo escollido e do Gran Israel, unirelixioso e uniétnico, cos territorios de Cisxordania e Gaza ocupados, onde puideran reunir a todos os xudeus do mundo”.

“Estados Unidos defende a Israel para ter bases militares no Oriente Medio unha vez que se descubriu petróleo nos países árabes. Queren que non volvamos estar unidos, e sementan a rexión de totalitarismos e oligarquías. Aos sionistas interésalles porque así teñen un paraíso fiscal. Israel é unha base militar e económica do capitalismo internacional”, salientou.

Jaber opina que “a solución pasa pola resolución 181 da ONU, a creación de dous Estados. Pero só se creou o de Israel, que impide que se faga o outro”. Por último, o presidente da Fundación Araguanei sinala que os palestinos que emigran a Galiza non atopan “problemas para integrarse. Hai moitos modos de axudar aos palestinos desde aquí se se quere: a través de ONGs, voluntariados, do Goberno, e proxectos coma os da nosa Fundación, por exemplo becas de estudos”.

14 lili

Lo del Moinante es desesperante. Que coñazo de rollo doctrinal barato. Y una falacia por encima de todas: "O nacionalismo tem sentido se expressa o sentir das classes populares, se é um mecanimo emancipador das mesmas". Si hay un ejemplo en el mundo donde el nacionalismo ha respondido a una necesidad popular, te darás de bruces con el sionismo, Moinante. Nada más acorde con las necesidades populares judias que crear el Estado de Israel tras el trauma del Holocausto. Solo hay que ver lo unidos que siguen en la idea primigenia. Con todos los defectos que sea, pero con indepedencia de poderes. En Palestina, gobiernan los que dan animos a los suicidas.Poco mas. Que la UPG siga con su purga ridicula, ya que no se pueden cargar a Losada. Curiosamente, en Israel sobreviven los unicos experimentos socialistas de los que la Humanidad no tiene que avergonzarse. Y en el fondo, la creacion de ISrael se la debemos en gran parte a la izquierda. Que sigan tirando piedras sobre su propio tejado. Han dejado de sorprendernos.

13 lagaitaenlacabeza

Joder, a mí lo que me acojona no es que sea un fascista, lo era antes y lo es ahora, como toda la "izquierda abertzale". A mí lo que me acojona más es esto de “en la información que tenía el PNV sobre él constaba que era un españolista, nada cercano al nacionalismo”. ¿Esto supone que un partido gobernante tiene un listado de gente que se cataloga de esta manera? ¿No es esto otra forma de fascismo? ¿Pero que putos archivos tiene el PNV?