A Xunta declara o nivel alto de restricións en Sarria tras un contaxio masivo

En Sarria xa son 28 positivos por COVID. Sanidade inicia un dispositivo especial de control para detectar novos contaxios de estudantes que viaxaron a Baleares. Polo de agora, hai 11 centros en Galicia, que confirmaron algunha viaxe de alumnos a estas illas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/06/2021 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O brote de Covid-19 detectado no municipio lucense de Sarria con orixe nunha comida familiar celebrada a pasada fin de semana elévase a 28 positivos. Así o confirmou este venres o director asistencial da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Rafael Monte Secades, que puntualizou que este brote "produciuse no ambiente dunha comida familiar e de amigos que se realizou a fin de semana pasada".

Unha mesa dunha terraza tachada cunha cinta de prohibición
Unha mesa dunha terraza tachada cunha cinta de prohibición | Fonte: Europa Press - Arquivo
 

Segundo comentou, este brote afecta "a xente nova e de mediana idade que non está vacinada". Con todo, incidiu en que os contaxiados teñen "moi poucos síntomas neste momento". Respecto diso, sinalou que por parte da área sanitaria púxose en marcha a "realización de cribados a todos os contactos destas persoas no ambiente de hostalería e os que frecuentan, con todos os seus coñecidos e persoas achegadas".

 

Así mesmo, Rafael Monte resaltou que este brote "polo momento non está a producir unha repercusión asistencial a nivel de Atención Primaria nin no hospital importante" porque teñen "moi poucos síntomas neste momento". Con todo, lembra á poboación a posibilidade de poder realizar " PCR de saliva en farmacias como medida adicional de cribado" para aqueles que queiran. Así, incide en que se trata de "un sistema integrado cos sistemas informáticos do Sergas" e, no caso de aparecer un positivo, o Servizo Galego de Saúde procedería "a tomar as medidas oportunas".

 

 

NIVEL ALTO EN SARRIA
 

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na reunión esxtraordinaria mantida esta mañá, o nivel alto de restricións para o Concello de Sarria. Tras avaliar a incidencia acumulada do concello lucense, situada en 142 casos a sete días, e en 202 casos a catorce; o grupo de expertos decidiu incrementar as súas retricións co ánimo de reducir o índice de casos activos. 

 

Do mesmo xeito, ficarán no nivel medio os concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio. Os restantes  concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.  O comité reunirase de novo o vindeiro martes, para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas de mañá sábado, 26 de xuño.

 

CONTROL FOCO BALEARES

 

Por outra banda, a Consellería de Sanidade está a levar a cabo unha serie de medidas como consecuencia do abrocho da covid detectado entre os estudantes que viaxeron recentemente a Baleares. Todos os estudiantes que viaxaran a Baleares consideranse contactos estreitos e terán que gardar corentena ata que a Central de Seguimento contacte con eles.

 

A Dirección Xeral de Saúde Pública elaborou un protocolo, en coordinación coa Estratexia de Vacinación, no que se disporá o que teñen que facer os estudantes en función da data das súas viaxes.

Segundo informa a Xunta nun comunicado, a Consellería de Educación está xa a enviar ao departamento sanitario da Xunta as listaxes dos centros que viaxaron recentemente ás Illas Baleares. Desde a Central de Seguimento de Contactos chamarase a todos os alumnos, para infomarlles do protocolo e resolver posibles dúbidas. Polo de agora, hai 11 centros en Galicia, que confirmaron algunha viaxe de alumnos a Baleares.

"Serán as respectivas áreas sanitarias as encargadas de xestionar as citacións das PCRs a realizar neste grupo de personas", apunta Sanidade que advirte a pais ou nais que vaian recoller aos seus fillos ao aeroporto que extremen a precaución. A recomendación da Consellería de Sanidade é que vaia so unha persoa a recollelo e, no automóbil sempre con máscara e distancia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta