Coalición BNG e HB

O lider do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, lanzou  hoxe no Parlamento a acusación de que o BNG ten concurrido nalgunha convocatoria electoral en "coalición con partidos terroristas como HB", algo que negou o portavoz nacionalista Carlos Aymerich e o presidente Touriño, que saleu en defensa dos nacionalistas.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 14/03/2007 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

Tamén Touriño defendeu aos seus socios de Goberno e amosouse duro para decirlle a Feijóo que non pode ir pola vida "mintindo, mintindo, mintindo e seguir mintindo".

O PP tentou xustificar a acusación do seu presidente referíndose ás eleccións europeas de 1986, nas que unha parte do BNG, o Partido Comunista de Liberación Nacional, apoiou a Herri Batasuna, aínda que non formou ningunha coalición con eles. De feito, O PCLN foi expulsado do Bloque por este apoio na Asamblea que celebrou en Carballiño ao ano seguinte. Para elo, baseose tan só en dous documentos conseguidos na rede; o dun blog persoal e do diario El Mundo.

 Así, reproduciu do Cartafol de Patriano o seguinte parágrafo:

O primeiro de maio de 1975 a UPG asina unha declaración conxunta con ETA e PSAN (p) na que fan públicas estas propostas de creación de gobernos provisiorios para as tres nacións: galega, vasca e catalana. Así como a constitución dunha alianza política dos movimentos de liberación nacional[1].

Durante o mes de agosto dese ano de 1975 terá lugar unha dura represión policial sobre a UPG e o conseguinte desmantelamento da súa fronte militar, que empezaba a actuar en Galicia xunto con membros de ETA. Perpetraran un atraco a Caixa de aforros da Coruña, o roubo nas oficinas policiais do documento nacional de identidade de Lugo e preparábanse para cometer atentados en Galicia. O desmantelamento relacionouse co traballo de Gorka, un famoso infiltrado policial en ETA. O 12 de agosto morrería en Ferrol a disparos da policía Xosé Ramón Reboiras, ao que lle seguiría un longo rosario de detencións por toda Galicia. Finalmente catro militantes da UPG (Xosé Mª.Brañas, Manoel Fernández, Marisa Vázquez e Xan López) xunto cos membros de ETA (Emilio Goitia e José Ignacio Villanueva) ingresaron no cárcere da Coruña coa petición fiscal de varios anos de cadea onde quedaran ata a aplicación en 1977 do decreto de amnistía para os presos políticos.

Ademáis, utiliza unha información publicada en 1997 pola actual xefa de prensa de Vivenda en El Mundo:

En 1987, en la llamada Asamblea Nacional de Carballiño (Ourense), el BNG rompe todos sus lazos con HB. Decisión criticada por una parte de UPG, que abandona el Bloque. Este cambio de orientación se traduce en unos mejores resultados y, en las autonómicas de 1989 el Bloque logra cinco diputados, que se convierten en 13 en los comicios de 1993.

Símbolo preconstitucional

Postos a buscar relacións, tamén Anxo Quintana utilizou varias fotografías no pleno para exemplificar as posturas que está a adoptar o PPdeG. Nunha delas se podía ver multitude de bandeiras españolas que portaban os manifestantes que o pasado sábado se concentraron en Madrid contra Zapatero. Na outra aparecía unha bandeira preconstitucional.

Esta comparación indignou os populares, cuio portavoz parlamentario pediu a palabra para pedir á presidenta da Cámara que obligara a Quintana a retirar eses calificativos. "Nunha hai bandeiras e noutra un aguilucho que é un símbolo preconstitucional", defendeuse o vicepresidente.

Xosé Manuel Barreiro seguiu insistindo e acusou a Quintana de "non estar a altura do seu cargo". "Non sei porque se alporiza. Ó mellor é porque son vostedes os que se sinten identificados con estes símbolos. Cando a min me falaron de golpismo (en alusión a súa chegada ó concello de Allariz) non me sentín identificado", respostou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

13 lagaitaenlacabeza

Sé que no sólo es Barreiro, algún pleito llevé sobre provisión de titularidades, y, visto lo que ví, me dio por echar la lengua a pacer, y llamé prevaricadores a todos los miembros de un tribunal. Como a estos mamarrachos se les llena la boca, me amenazaron con una querella por injurias, pero no tuvieron huevos a tirar para adelante. Pero claro, aquí no pasa nada, y vista la Sentencia que se dictó en su día, saliendo por peteneras, lo que queda es echarse al monte, y prender fuego a las Universidades. Pero de los casos que conozco el de Barreiro clama al cielo; sobre todo porque el ínclito se jacta de que no está en política por dinero, que tiene la vida resuelta, cuando en el momento que entró en el PP de Lugo era un champanillas que ni titularidad ni ostias, como mucho un asociado, que son los que verdaderamente curran en las facultades

12 desde el jergón

Tenemos a Fraga y a su escolta de la triple A argentina, bueno, éso sin contar que él sí que empezó su carrera política desde, como era, sí hombre...una dictadura heredera del fascismo europeo.

Lagaita, el caso de Barreiro que apuntas está bien, pero si conoces la universidad, yo la conozco bien, te diría que no es sólo él. Es el modelo universitario en general. No hay un profesor titular o un catedrático que resista un análisis de cómo llego hasta ahí. La cuestión es que la uni es una institución endógenamente corrupta y prevaricadora maquillada por su pompa, sus togas y sus instalaciones pagadas por todos. Y a parte de como se "consigue" una plaza, ni te cuento de las cantidades astronómicas, pero verdaderamete astronómicas, de dinero y recursos que manejan con proyectos sin ninguna fiscalización ni control. Ningunito. Cuando escuches o leas que se precisa en las unis de más recursos para I+D+i acuerdate de ésto.

Bueno, a ver si Feijoo involucra en el asesinato de Eduardo Dato a alguien del BNG o del PSOE, seguro que si tira del hilo algo sale.

11 Ministro

E logo o Presidente Fundador do PP, un tal Fraga, por onde andaba metido anos antes? De qué réximen foi Ministro?. A extrema dereita perdese, non sei que fai sentada na mesa para redactar o novo estatuto.

10 estevo das estrivadas

A Feijoo só lle faltaba por decir que os do BNG eran os que queimaban os montes antes de 1989...

9 anxiño

xa esta o amiguiño que se pon nomeciños xa que non lle da para mais, porque non probas a facer unha frase longa, con contido e sentido, non... mellor non o intentes... non quero que morras de extenuacion mental.
millor vai durmir abrazado o teu osiño de peluche, e dille a tua nai que che lea carapuchiña vermella... mellor non... que pode que sexa comunista... dille que lle cambie o final e que o lobo neoliberal coma dun bocado a carapuchiña.