Coalición BNG e HB

O lider do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, lanzou  hoxe no Parlamento a acusación de que o BNG ten concurrido nalgunha convocatoria electoral en "coalición con partidos terroristas como HB", algo que negou o portavoz nacionalista Carlos Aymerich e o presidente Touriño, que saleu en defensa dos nacionalistas.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 14/03/2007 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

Tamén Touriño defendeu aos seus socios de Goberno e amosouse duro para decirlle a Feijóo que non pode ir pola vida "mintindo, mintindo, mintindo e seguir mintindo".

O PP tentou xustificar a acusación do seu presidente referíndose ás eleccións europeas de 1986, nas que unha parte do BNG, o Partido Comunista de Liberación Nacional, apoiou a Herri Batasuna, aínda que non formou ningunha coalición con eles. De feito, O PCLN foi expulsado do Bloque por este apoio na Asamblea que celebrou en Carballiño ao ano seguinte. Para elo, baseose tan só en dous documentos conseguidos na rede; o dun blog persoal e do diario El Mundo.

 Así, reproduciu do Cartafol de Patriano o seguinte parágrafo:

O primeiro de maio de 1975 a UPG asina unha declaración conxunta con ETA e PSAN (p) na que fan públicas estas propostas de creación de gobernos provisiorios para as tres nacións: galega, vasca e catalana. Así como a constitución dunha alianza política dos movimentos de liberación nacional[1].

Durante o mes de agosto dese ano de 1975 terá lugar unha dura represión policial sobre a UPG e o conseguinte desmantelamento da súa fronte militar, que empezaba a actuar en Galicia xunto con membros de ETA. Perpetraran un atraco a Caixa de aforros da Coruña, o roubo nas oficinas policiais do documento nacional de identidade de Lugo e preparábanse para cometer atentados en Galicia. O desmantelamento relacionouse co traballo de Gorka, un famoso infiltrado policial en ETA. O 12 de agosto morrería en Ferrol a disparos da policía Xosé Ramón Reboiras, ao que lle seguiría un longo rosario de detencións por toda Galicia. Finalmente catro militantes da UPG (Xosé Mª.Brañas, Manoel Fernández, Marisa Vázquez e Xan López) xunto cos membros de ETA (Emilio Goitia e José Ignacio Villanueva) ingresaron no cárcere da Coruña coa petición fiscal de varios anos de cadea onde quedaran ata a aplicación en 1977 do decreto de amnistía para os presos políticos.

Ademáis, utiliza unha información publicada en 1997 pola actual xefa de prensa de Vivenda en El Mundo:

En 1987, en la llamada Asamblea Nacional de Carballiño (Ourense), el BNG rompe todos sus lazos con HB. Decisión criticada por una parte de UPG, que abandona el Bloque. Este cambio de orientación se traduce en unos mejores resultados y, en las autonómicas de 1989 el Bloque logra cinco diputados, que se convierten en 13 en los comicios de 1993.

Símbolo preconstitucional

Postos a buscar relacións, tamén Anxo Quintana utilizou varias fotografías no pleno para exemplificar as posturas que está a adoptar o PPdeG. Nunha delas se podía ver multitude de bandeiras españolas que portaban os manifestantes que o pasado sábado se concentraron en Madrid contra Zapatero. Na outra aparecía unha bandeira preconstitucional.

Esta comparación indignou os populares, cuio portavoz parlamentario pediu a palabra para pedir á presidenta da Cámara que obligara a Quintana a retirar eses calificativos. "Nunha hai bandeiras e noutra un aguilucho que é un símbolo preconstitucional", defendeuse o vicepresidente.

Xosé Manuel Barreiro seguiu insistindo e acusou a Quintana de "non estar a altura do seu cargo". "Non sei porque se alporiza. Ó mellor é porque son vostedes os que se sinten identificados con estes símbolos. Cando a min me falaron de golpismo (en alusión a súa chegada ó concello de Allariz) non me sentín identificado", respostou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

8 anxiño

o de Feijoo é un simple siloxismo, mellor dito, un siloxismo simplon, coma todo no mangueiriñas.

HB é nacionalista de esquerdas.
HB é terrorista
o BNG é nacionalista de esquerdas, logo é terrorista.

pero o que Feijoo non sabe é que os siloxismos non sempre funcionan:

Deus é amor.
O amor é cego.
Stewie Wonder é cego.
Stewie Wonder é Deus.

ou por exemplo a frase preferida de Rajoy:

"Si usted (Zapatero) no cumple (non cede ante ETA) le pondrán bombas y si no hay bombas es porque ha cedido"

Isto leva a que calquera que goberne e logre a paz (incluido Rajoy) sexa un "complice dos terroristas".

Calquer persoa que teña memoria e sentidiño, sabera que cando algun grupo dentro do BNG, coma o exemplo da FPG xa arriba sinalado, apoiou a HB foi expulsado da fronte. Calquera que diga "O BNG apoiou a HB", ou "O BNG non condeou un atentado de ETA" ou "O BNG é a HB galega", simplemente falta a verdade, e o que é peor, si es representante dos galegos, estas manipulando e mentindo contra unha parte do teu pobo.

7 Chucho de Toro

Cala un pouco, anxiño, e vai durmir. Seguro que o fas mellor, ignorante.

6 anxiño

xa esta o memo que usa nomes burlescos a dicir memeces, porque non tratas de aportar algo en lugar de botar merda pola boca.
por certo, o alcalde pepeiro que ten unha misa por franco cada 20 de novembro é o de Beade, provincia de ourense, ainda que el insiste en dicir que faino a titulo persoal e non coma alcalde, en fin, eu non imaxino a ningun alcalde en alemaña facendolle unha misa a hitler, iso seria un escandalo e unha vergoña para todos os alemans, aqui faino un cargo electo e pouco menos que o desculpan e quitanlle importancia. Por certo que esta misa ten tido ultimamente moita afluencia polas xentes que acoden a reventala.

5 Chucho de Toro

Os soños eróticos debe telos ese fulano que responde a Xosé A. Pena. E por iso despois escribe esas mensaxes tan absurdas que moitos deixamos a medio ler. Por desgraza, eses soños eróticos son ben mínimos: unha estreliña vermella, unha franxa azul e, por veces, algún caudillo como Castro ou Chaves... ¿Chegará con todo iso ao clímax?

1 Eu-digo

Pois, polo que vexo, ti acabas de alcanzar un orgasmo.

4 Xosé A. Pena

Despois amólalles que se lles recorden os vencellos co franquismo, que ainda non condenaron, de moitos cargos de ap-pp. Vivir para ver!.
Para min que algúns teñen soños eróticos on otegui, ternera, etc.