Dan positivo 49 das 86 PCR realizadas aos pasaxeiros do voo Mallorca-Santiago do mércores

33 son estudantes e o resto "están en estudo". Todos os viaxeiros dese avión, agás o persoal que ía na cabina do piloto, están sendo pescudados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade confirmou este mércores que se rexistraron 49 positivos no cribado voluntario realizado este martes no aeroporto de Lavacolla a 86 pasaxeiros do voo chegado de Mallorca.

Vixilancia epidemiolóxica, segundo sinalou Sanidade, asegura que 33 destes casos positivos "están asociados aos brotes estudantís da illa", mentres que os restantes 16 "están en estudo".

En rolda de prensa, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, informou tamén de que, segundo os datos actualizados na mañá deste mércores, en Galicia hai 155 casos relacionados co brote estudantil orixinado na capital balear, así como 550 "contactos" vinculados a este brote.

Cribado no aeroporto de Alvedro
Cribado no aeroporto de Alvedro | Fonte: Sergas.

O departamento de Sanidade ratificou a procedencia do total de casos do brote, dos que a área de Pontevedra concentra 103 casos. A esta área, séguena as da Coruña con 19 contaxios; Vigo, con 15 positivos; Lugo con 14; e Ourense con 14 casos.

Respecto da "posible presenza" do variante Delta entre os contaxiados, a directora xeral preferiu ser "prudente" ata "contar cos datos da secuenciación completa, xa que é un brote moi recente".

Durán Parrondo, explicou que se considera a todas as persoas, con excepción do persoal que ía na cabina do piloto, "contactos estreitos", polo que se están encuestando aos afectados para pescudar os seus contactos e proceder a prescribir as oportunas corentenas "canto antes".

Ademais, preguntada polo feito de que estes estudantes viaxasen nun voo comercial no que ían outros pasaxeiros, Parrondo respondeu que a Xunta "se limita a actuar en Galicia, onde ten competencias".

PROTOCOLO PARA O BROTE

A directora xeral de Saúde Pública informou ademais do protocolo que seguirá Sanidade respecto ao 'macrobrote' de Mallorca. Tal e como indicou, a Xunta actúa onde ten competencias e por iso, "independentemente de que os pasaxeiros conten cunha PCR negativa de orixe", ao aterrar ofreceráselles realizar unha proba.

En caso de resultar positiva, "é un caso e por tanto íllase", e realízase ademais o correspondente estudo de contactos. Se a PCR é negativa, ponse á persoa en corentena e ás 72 horas repíteselle a proba. Nese momento, se a PCR dá positivo, "é un caso", e se dá negativo, tal e como apuntou Parrondo, "ábrense dous escenarios".

"Se o grupo burbulla ao que pertencía a persoa examinada, resulta negativo na súa totalidade, non hai problema e se 'descuarentena'. Se nese grupo hai algún positivo, todos os restantes terían que someterse a unha corentena de 10 días --independentemente de que a proba da persoa analizada sexa negativa--", explicou a directora xeral de Saúde Pública.

Parrondo concedeu que se trata de "un concepto distinto" ao que viña barallando en brotes doutras características e xustificou este novo criterio en base á "rápida propagación do virus", ás "dimensións importantes" do brote, e ao propio período de incubación da covid-19, de entre 10 e 14 días.

Con todo, a directora de Saúde Pública insistiu en que "toda persoa catalogada como 'contacto estreito', debe permanecer 'cuarentenado" independentemente do resultado da PCR e respecto de todos os brotes, e non só en canto ao estudantil de Mallorca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

O Govern de les Illes Balears exporta positivos Delta a Galicia ! Mentras secuestra rapaces nos Hotéis ! Debe ser cousa da CoGobernanza Pedro Sánchez

1 Sentidiño

Se fose certo que os secuestran, non darían positivo na Lavacolla. Os pais tiveron que asinar unha declaración de responsabilidade. Habería que acusalos (os pais) de delito contra a saúde pública.