O PSdeG denuncia a "ineficiencia" e "incerteza" das medidas da Xunta respecto ao macrobrote de Mallorca

Julio Torrado avanza que presentará na Cámara galega unha serie de iniciativas para denunciar as "ineficiencias".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

O portavoz de Sanidade do PSdeG, Julio Torrado, avanzou que presentará na Cámara galega unha serie de iniciativas para denunciar as "ineficiencias" na información e as medidas trasladadas pola Xunta respecto ao macrobrote de Mallorca.

Nun comunicado, o parlamentario reclama á Xunta que faga algo máis que alertar fronte aos botellóns e sinala que a "incerteza" sobre a súa actuación trasládase ao conxunto dos cidadáns, que "non teñen a posibilidade de saber canto de controlada está a situación".

Así mesmo, apunta que esta situación demostra "a necesidade de estar alerta sobre posibles brotes e repuntes", de forma que permitan unhas medidas de "resposta rápida, coordinada, controlada e que permita illar o máximo posible o aumento da incidencia".

Ademais, reclámalle ao Executivo autonómico que explique "se considera que o control da situación permite asegurar que o brote está illado e a súa suspensión baixo vixilancia". Para iso, sinala que "é imprescindible o nivel de información adecuado á poboación onde estes repuntes poden ser máis notorios".

Por todo iso, Torrado requírelle ao Goberno galego para que explique no Parlamento o nivel de información e de medidas de control e confinamento que están a ser transmitidas derivadas das viaxes de estudantes a Mallorca.

O deputado do PSdeG Julio Torrado no debate dunha moción durante un pleno do Parlamento de Galicia. PSDEG
O deputado do PSdeG Julio Torrado no debate dunha moción durante un pleno do Parlamento de Galicia. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Sentidiño

Hai case que seis mil imprudentes que poden matar os seus parentes e amigos, pero a culpa ao final vai ser de Fernando Simón... É evidente que España é un estado fallido. Haberá que ir a Estrasburgo (coma sempre).

1 Gamela

Estado Fallido é o Govern Catalán que vai vacinar á carta aos rapaces antes de completar a segunda dose do grupo 60 - 69 ! Seguro que así quedan máis rapaces para votar o Referendum e os vellos que vaian morrendo pouco a pouco e así aforran en pensións ? Xa está ben de misturar todo. En Galicia levamos aturando confinamentos ano e medio, e os señoritos de Baleares e Catalunya teñen que adiantar as festas nocturnas e os concertos multitudinarios mentres aquí seguimos pagando as facturas ? Se non fora pola xuíz seguro que aos rapaces confinados en Mallorca íanlle pasar a factura dos 10 días de hotel pola cara ! A pela é a pela ¿non si?

1 Gamela

O mundo ao revés ! O Govern de Baleares seica non ten culpa de nada ?