Ás verdades da emigración

A campaña das municipais estase quentando, principalmente, na emigración. Tal e como xa fixemos coas denuncias urbanísticas, Galiciaconfidencial pídelle aos seus lectores que nos informen, ben a traveso do e-mail ou dos comentarios, das irregularidades que detecten na campaña ou na tramitación do voto emigrante. O noso obxectivo é denunciar aquelas prácticas que ridiculizan aos nosos emigrantes e conseguir, dunha vez, que sexan tratados como o que son, galegos coma os de aquí. Ata o momento podemos falarvos dos seguintes casos...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/03/2007 | Actualizada ás 22:41

Comparte esta noticia

PPdeG e BNG teñen denunciado que a Fundación Españoles en el Mundo, vinculada ao PSOE, remitiu unha carta a emigrantes coruñeses en Bos Aires co logo do Concello da Coruña para que responderan a unha "enquisa censal xeral e obrigatoria" que realizaba a Alcaldía deste municipio.

Dende Arxentina tamén denuncian que a candidata do PPdeG de Vimianzo, Carmen Borbujo e os alcaldes de Viladecruces, Jesús Otero; de Bande, Ana Belén Vázquez ou o de Salceda, José Manuel Fernández, pediron copia do pasaporte en varios actos de partido que realizaron, como tamén fixo o PPdeG nun evento no que participou o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, en Montevideo. Dende Uruguai tamén sinalan que o rexedor de Sada, Ramón Rodríguez Ares, fixeron o mesmo en Montevideo noutra comida.

Esta mesma fin de semana, o candidato do PPdeG á Alcaldía de Carballo, Alberto Sueiro, convidou a unha comida aos emigrantes deste concello no Centro Bergantiños de Montevideo e, segundo nos contan, mesmo trasladaron unha fotocopiadora a este acto (porque alí non había) para sacar copia dos pasaportes dos que alí asistían.

Tamén hai denuncias de que o alcalde de Catoira, Alberto García, do PSdeG, sorteou catro viaxes nunha comida para 200 persoas que celebrou en Bos Aires.

Asemade, hai críticas á Consellería de Cultura por ter beneficiado á Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires que preside o coordinador do BNG na capital arxentina, Xosé Lores, en varias exposicións que ten organizado.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 Galicia Confidencial » Blog Archive » Documento.- A carta de Orozco ós emigrantes

[...] Na misiva, Orozco tamén inclúe unha fotocopia dunha solicitude para exercer o voto rogado, para que os emigrantes que así o desexen, remitan esta folla, cos datos cubertos, á sede socialista. Esta práctica está sendo moi utilizada polos alcaldes que nas últimas semanas visitaron Arxentina e Uruguai tal e como xa contamos aquí. [...]

5 Torito

!JODER QUE TROPA!

4 Jesús

Para los que quieran leer el documento al que e refiere Cristina
http://blogs.periodistadigital.com/...

3 Cristina

PONTEVEDRA / LOS SOCIALISTAS OFRECEN UN FIJO Y UNA COMISIÓN POR CADA PAPELETA QUE LLEGUE DE ARGENTINA
El PSOE monta una "compra" de votos emigrantes
Los socialistas están tan nerviosos con las inminentes elecciones municipales y autonómicas que, según ha podido saber Periodista Digital, están montando un entramado de "compra" masiva de votos de emigrantes.

El documento que confirma la compra de votos del PSOE...

¿Qué dice de esto el BNG?

2 anónimo

A Federación de Asociacións Galegas de Arxentina, por sorte, é a única que vai facer unha biblioteca pública, xa fixo un museo, público e aberto, a xente do BNG, do PP, do PSdG, de todos os galegos de Arxentina, e da sociedade arxentina, non coma eles que facian closed meetings. Ten un proxecto de futuro e eso doelles, aos que só fixeron parroquias caciquiles. E por certo, tanto Miras Portugal como Moreda apoiaron algún deses proxectos, pola sua valia. Cultura levou ali só unha exposición, Galegos na Diáspora, por certo, unha critica á emigración que o PP botou. O que lles doe é ver que o BNG fai cousas que trascenden e con mais rigor e elegancia. E por certo, a Federación nunca foi beneficiada de nada, mentras se perdian as axudas enterradas no Centro Galego, no Polideportivo sen usar do Cebntro Galego de Montevideo, etc. E como aquelo da compensación interterritorial, non axudar mais a uns, senon compensar os desequilibrios. E o PP deso sabe, de desequilibrar e de usar a boa fe da xente na emigración.