Rexeitamento desde a Consellería de Igualdade aos ataques contra persoas LGBTI

Todo iso despois de que na xornada do luns milleiros de persoas saísen ás rúas e prazas de distintas localidades de España para mostrar o seu rexeitado polo falecemento de Samuel Luiz, un mozo que recibiu unha malleira mortal na Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2021 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

O Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero subliñou o seu apoio ás persoas LGTBI e mostrou o seu rexeitamento a calquera acción ou delito de odio que atente contra elas.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu este martes unha reunión virtual deste órgano, na que se acordou un comunicado de apoio aos dereitos do colectivo LGTBI e de rexeitamento a calquera forma de discriminación por razón de orientación sexual, identidade de xénero ou características sexuais das persoas.

Todo iso despois de que na xornada do luns milleiros de persoas saísen ás rúas e prazas de distintas localidades de España para mostrar o seu rexeitado polo falecemento de Samuel Luiz, un mozo que recibiu unha malleira mortal na Coruña.

"Defendemos o compromiso de todas as administracións no deseño de políticas decididas; de todos os axentes implicados para perseguir coa lei na man estes comportamentos inconcibibles; e do conxunto da sociedade galega, que ten un papel fundamental para valorizar a diversidade afectiva, sexual e de xénero", afirman.

A conselleira dixo que Galicia e os galegos son "maioritariamente unha sociedade inclusiva e igualitaria". "E a maior parte dos galegos queremos vivir libremente" fronte aos discursos centrados no odio e nos prexuízos, aseverou ao termo da reunión.

Nun comunicado, a Xunta destacou que a declaración do Observatorio galego pretende ser unha mostra de compromiso real de toda a Comunidade na defensa dos dereitos dos colectivos LGTBI, ao mostrar o desexo de traballar por unha Galicia inclusiva, igualitaria, respectuosa, xusta e democrática para "abrazar unha verdadeira cultura da diversidade fronte aos discursos do odio e dos prexuízos".

O Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero é un órgano colexiado, con carácter consultivo e de participación social. Está integrado pola Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), as tresuniversidades galegas, os sindicatos UGT, CCOO, CDIF e CIG e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Ademais é un órgano aberto á participación de todas as entidades que traballan na Comunidade na defensa do colectivo LGTBI, e conta actualmente presencia de Nós Mesmas, Casco A Coruña, A.L.A.S. A Coruña, LesCoruña, Avante LGTB, Chrysallis Galicia, Pvlse de Vigo e a Rede educativa de apoio LGTBI+ de Galicia.

A reunión deste martes permitiu sacar adiante o regulamento de funcionamento deste órgano, no que se inclúe un procedemento específico para a tramitación de denuncias presentadas polas organizacións que o integran, como por parte da cidadanía.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, preside a reunión do Observatorio LGTBI.. XUNTA / CONCHI PAZ / Europa Press
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, preside a reunión do Observatorio LGTBI.. XUNTA / CONCHI PAZ / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta