Controlarán fluxos de entrada e aforamentos nos concertos de "O Son do Camiño"

Reuníronse este mércores para organanizar a seguridade do evento e coordinar os corpos de seguridade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2021 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia coordinará, xunto coa Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña, o dispositivo de seguridade para o festival O Son do Camiño-Perseidas.

Así, controlaranse os fluxos de entrada no Monte do Gozo --onde se celebrará o festival--, así como os aforamentos e o cumprimento das medidas de seguridade no interior, "para o que se habilitarán postos de mando no recinto en función dos concertos programados e do público asistente".

Este mércores, o director xeral de Emerxencias e Interior do Goberno autonómico, Santiago Villanueva, e o xerente de Turismo de Galicia, Emilio de la Iglesia, reuníronse coa directiva da asociación provincial para abordar a organización da seguridade do evento.

"A coordinación entre os corpos de seguridade forma parte dos dispositivos habituais de eventos deste tipo, pero nesta edición especial do festival faise máis necesaria que nunca para garantir que se cumpran todas as medidas estipuladas por mor da pandemia", sinalou a Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo nun comunicado.

Na reunión, na que tamén participaron organizadores do festival, preparouse o dispositivo que se despregará desde o 14 de xullo ao 8 de agosto con motivo dun evento para o que se prevé unha asistencia de miles de persoas e no que, tal e como puntualizou a Consellería, "a ocupación dos recintos e o desenvolvemento dos eventos estarán supeditados ás normas estipuladas pola Xunta, atendendo sempre ás recomendacións do Comité Clínico".

Monte do Gozo
Monte do Gozo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta