O pleno do Concello de Ferrol debaterá este xoves uns orzamentos de case 87 millóns

O día en que se deu a coñecer o primeiro borrador, o rexedor ferrolán destacou que reflicten "o proxecto de cidade deste goberno", nun documento "moi ambicioso".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2021 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

O goberno local de Ferrol someterá este xoves á corporación municipal a aprobación inicial dos orzamentos para 2021. Será nun pleno extraordinario que comezará ás 18,00 horas. O documento pasou este luns o trámite previo, o seu ditame por parte da comisión de economía, facenda, emprego e recursos humanos, que se reuniu en sesión extraordinaria.

Os representantes de FeC e BNG pronunciáronse a favor, segundo informa o Concello nun comunicado de prensa. Presidiu a reunión a concelleira Eva Martínez Montero. Así, trasladou aos grupos as principais cifras dunhas contas que case alcanzan os 86,87 millóns, o que supón un incremento do 25,58% respecto das de 2018. En números absolutos, é un aumento de máis de 17,69 millóns sobre os últimos aprobados polo pleno.

A subida prevista nos ingresos derívase "principalmente" do endebedamento por algo máis de 14,6 millóns destinados a investimentos reais, co que a débeda líquida do Consistorio "situaríase en 26,24 millóns", apunta a nota. A edil destacou tamén o aumento do financiamento alleo, procedente da Edusi, Agader, a Deputación e o 1,5% cultural do Ministerio de Transportes.

O orzamento para 2021 é "o máis elevado que presenta a cidade de Ferrol", en palabras do alcalde, Ángel Mato. O día en que se deu a coñecer o primeiro borrador, o rexedor destacou que reflicten "o proxecto de cidade deste goberno", nun documento "moi ambicioso".

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, en rolda de prensa.
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, en rolda de prensa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta