A peregrinación será endencia despois da Covid-19

Un artigo do National Geographic destaca que os motivos naturais e espirituais están detrás dunha maior demanda das peregrinacións, especialmente tras o vivido pola pandemia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2021 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

Segundo a Oficina de Recepción de Peregrinos da Catedral de Santiago de Compostela, 347.578 peregrinos recibiron a súa compostelana no 2019, un aumento interanual do 6% e que ademais demostra como a afluencia de peregrinos entre o 2016 e o 2019 se disparou de maneira considerable. 

Peregrinos fan o Camiño de Santiago
Peregrinos fan o Camiño de Santiago | Fonte: Xunta de Galicia.

Segundo un artigo do National Geographic, a afluencia de peregrinos nas diferentes rutas do Camiño de Santiago están a aumentar considerablemente, tendo tamén en conta que nos atopamos nun Ano Santo. Porén, a revista recolle que só o 40% afirma que a relixión é a única motivación para emprender o camiño, e que detrás dos incentivos para camiñar se atopan os motivos naturais e espirituais. 

As rutas menos coñecidas, como é o caso do Camiño de Inverno, son cada vez máis populares e a afluencia do Camiño Portugués disparouse entre o 2016 e o 2019 case nun 100%, segundo o National Geographic. 

Porén, o aumento de demanda tras a pandemia do coronavirus xa se está a notar, e as peregrinacións poderían ser unha tendencia tras a Covid-19, nun contexto no que diminúen os voos e as viaxes a grandes cidades a favor de excursións máis naturais e con outros propósitos. A pandemia supuxo moitas restriccións que, segundo a National Geographic, ten como resultado que "moitas persoas busquen viaxes que poidan ofrecer cambios e recompensas terapéuticas". 

Neste sentido, Ian Tweedale, guía de peregriancións en Irlanda e Gales, afirma o poder espititual que poden transmitir os camiños. "A covid obrigounos a deternos, pensar e cuestionar as suposicións da vida. A medida que saímos do encerro, a peregrinación é máis relevante que nunca. Algúns irán a chorar ou repensar as relacións. Outros darán gracias por saír adiante", explica o guía no artigo de National Geografic.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta