Facenda amplía en 5 anos máis o período de pago ao Concello de Miño, cunha débeda de 20,5 millóns

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2021 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, trasladou ao alcalde de Miño, o socialista Manuel Vázquez Faraldo, a decisión do Ministerio de Facenda de ampliar noutros cinco anos o período de pago da súa débeda, no que foi cualificado polo rexedor como "unha excepcional medida que posibilitará un importante e vital desafogo financeiro" para o Concello.

Así llo comunicou no transcurso dunha visita realizada polo delegado do Goberno, acompañado pola subdelegada na Coruña, María Rivas, ao Concello de Miño, onde mantivo un encontro co alcalde para analizar distintos temas que afectan oa municipio coruñés.

Segundo explicou José Miñones, o Concello de Miño, cunha débeda actual de 20,5 millóns de euros, poderase acoller a unha ampliación de cinco anos no período de pago da súa débeda e ademais, ao fusionar os dous créditos que ten vixentes, o Ministerio de Facenda concédelle outros dous anos de carencia, o que supón de facto ampliar ata sete anos o prazo de devolución.

Esta medida complementa a xa aprobada fai algo máis dun ano, cando o Goberno autorizara a ampliación do pago da débeda noutro dez anos. Con estas medidas, o Concello pasará de pagar anualmente 1,7 millóns para amortizar os créditos a pagar 0,9 millóns, o que representa un aforro de 800.000 euros anuais, o que suporá un desafogo considerable financeiro para o Concello, segundo destaca a Delegación nun comunicado.

URBANIZACIÓN DE COSTA MIÑO

A Delegación incide en que as expropiacións para a urbanización de Costa Miño xeraron un conflito xudicial entre o Consistorio e os veciños afectados, a quen os tribunais lles recoñeceron o seu dereito a ser indemnizados.

O alcalde xa pactara cos propietarios o pasado mes de setembro de 2019 un acordo para solucionar os problemas derivados daquela actuación, que estaba supeditado á concesión de cantidades con cargo ao Fondo de Ordenación do Ministerio de Facenda para o ano 2020.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta