O Consello de Comunidades Galegas analiza a inversión destinada a programas de apoio a emigrantes

Analizan o impacto dos máis de 5 millóns que se fixeron xa efectivos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2021 | Actualizada ás 21:48

Comparte esta noticia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu a tarde deste mércores a terceira reunión do ano da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, na cal se analizaron os programas de apoio aos galegos no exterior, como os que potencian o retorno, aos que se destinan 4,3 millóns de euros.

Tamén se analizaron os programas de lecer para os galegos do exterior e as actividades que se están desenvolvendo por parte das entidades exteriores polo Xacobeo 21-22 e os impactos das axudas postas en marcha por Emigración para paliar os efectos da Covid-19.

En xeral, analizouse o impacto dos máis de 5 millóns de euros que xa se fixeron efectivos no que vai de ano en programas de apoio a entidades e galegos do exterior, tanto en axudas de emerxencia social como en apoios económicos a entidades, segundo informa Emigración nun comunicado.

Emigrantes
Emigrantes | Fonte: Vivir Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta