Galicia xa supera o milleiro de contaxios diarios e os casos activos repuntan a 7.208

Os pacientes hospitalizados aumentan a 79, deles 14 en UCI, e a taxa de positividade increméntase lixeiramente a un 9%.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/07/2021 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

Os novos contaxios de Covid-19 disparáronse ao chegar ao ecuador de xullo a 1.097, que supón a cifra máis alta desde o inicio deste verán no marco da quinta onda, e os casos activos repuntan a 7.208. Mentres, os pacientes ingresados por este coronavirus increméntanse a 79, unha ducia máis, e a taxa de positividade sobe lixeiramente a un 9%.

Segundo os datos publicados este xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, aumentan a 14 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 --catro máis-- e soben a 65 as que se atopan noutras unidades de hospitalización --oito máis--. Pola súa banda, 7.129 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas de Vigo, Ourense, Lugo e A Coruña e Cee; descende nas de Pontevedra e O Salnés e Santiago e Barbanza e mantense na de Ferrol.

No caso da Vigo segue sen pacientes Covid en UCI e rexistra dez ingresados noutras unidades --tres máis--, mentres que a de Ourense ten tres en críticos --tras varias xornadas sen ningún-- e 18 noutras unidades --seis máis--.

Mentres, a da Coruña e Cee continúa con catro ingresados en UCI por este coronavirus e conta con 18 noutras unidades --un máis--; e na de Lugo aumentan a dúas os pacientes en críticos --un máis-- e a tres os doutras unidades --un máis--.

Pola súa banda, alíviase lixeiramente na de Pontevedra e O Salnés, onde seguen tres ingresados en UCI pero baixan a oito os doutras unidades --dous menos--, e a de Santiago e Barbanza mantense sen críticos e conta con cinco hospitalizados noutras unidades --un menos--. E a área sanitaria de Ferrol é a única que se mantén sen cambios, con dous pacientes en UCI pola Covid e tres noutras unidades de hospitalazación.

REPUNTAN OS CASOS ACTIVOS

No ecuador do mes de xullo os casos activos repuntan a 7.208, que supoñen 910 máis que a xornada anterior, ao haber de novo máis contaxios (1.097) que altas (185), ao que se engaden dous falecementos.

Así, mantense a tendencia ascendente por vixésimo segunda xornada consecutiva. Ao comparar estes datos cos de hai unha semana, supoñen case 4.000 máis que o pasado xoves 8 de xullo cando había 3.231 infeccións activas na Comunidade galega.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan nas sete de novo, na de Vigo de forma máis acusadas (+202); seguida da de Ourense (+186); Santiago e Barbanza (+146), Pontevedra e O Salnés (+146); A Coruña e Cee (+105); Lugo (+92) e Ferrol (+33).

Por iso, á cabeza en casos activos mantense a área de Vigo, con 1.591; seguida da de Ourense, con 1.429; Pontevedra e O Salnés, con 1.285; A Coruña e Cee, 1.191; Santiago e Barbanza, con 817; Lugo, 631; e Ferrol, con 264.

CONTAXIOS DISPARADOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 en Galicia disparáronse por encima do milleiro a 1.097 --que implican 331 máis que o día anterior-- tras manterse as dúas últimas xornadas por encima dos 700, despois de iniciar esta semana con 630.

Deste xeito, continúan por encima do medio milleiro desde o venres pasado --9 de xullo-- e mantéñense por encima dos 200 desde o xoves 1 de xullo e do centenar desde o 24 de xuño.

En toda Galicia foron confirmados 1.082 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), segundo os datos actualizados por Sanidade, 302 máis que a xornada pasada, dos cales 227 corresponden á área de Vigo; 214, á de Ourense; 183, á de Pontevedra e O Salnés; 165, á de Santiago e Barbanza; 149, á da Coruña e Cee; 105, á de Lugo; e 39, á de Ferrol.

Así, os contaxiados na Comunidade galega desde o inicio desta crise ascenden a 136.852, deles 32.331 na área da Coruña e Cee; 27.139, na de Vigo; 21.084, na de Santiago e Barbanza; 17.467, na de Ourense; 15.939, na de Pontevedra e O Salnés; 13.869, na de Lugo; e 9.023, na de Ferrol.

Desde o inicio da pandemia pola Covid realizáronse en Galicia 2.438.737 PCR, 7.255 probas máis que as contabiliazdas ata a xornada pasada e unhas 2.000 máis que as feitas o día anterior.

En canto á taxa de positividade das PCR na Comunidade galega a aumentado lixeiramente a un 9% tras descender a un 8,6% o día pasado despois de dispararse a un 13,2 por cento a xornada anterior e comezar a semana nun 8%. Deste xeito, continúa por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia, ata a semana pasada, non superaba desde o 15 de febreiro.

Varias persoas nunha terraza de Vigo, a 26 de xuño de 2021, en Pontevedra, Galicia (España). Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Varias persoas nunha terraza de Vigo, a 26 de xuño de 2021, en Pontevedra, Galicia (España). Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta