O Comité de Crise das Pontes súmase á acampada dos traballadores das auxiliares

Concelleiros, autónomos, comerciantes, empresarios, empregados doutras firmas e representantes do tecido asociativo apoian as reivindicacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

Os traballadores da industria auxiliar da central das Pontes que desde o pasado día 5 protagonizan unha acampada fronte ao consistorio recibiron o apoio do tecido asociativo e dos representantes políticos do municipio, que decidiron participar activamente na acción de protesta coa que reclaman ás administracións e a Endesa soluciones á súa situación tras finalizar o período de garantía de emprego o pasado 30 de xuño.

O Comité de Crise, que agrupa, ademais da sindicatos e forzas políticas, a organizacións empresariais, autónomos, transportistas, comerciantes e entidades culturais ou deportivas, tomou a decisión, segundo explica nun comunicado, de "sumarse desde xa á loita dos seus veciños, traballadores das empresas auxiliares que quedan sen actividade ante o peche inminente da térmica".

A plataforma denuncia que, transcorridos xa dez días desde o inicio da protesta e máis de cinco semanas desde que os sindicatos solicitaron unha reunión con administracións e eléctrica, non houbese unha resposta.

Así mesmo, a coordinadora de auxiliares, na que están representados CCOO, CIG e UGT, critica "a pasividade irresponsable dos gobernos galego e central, no que respecta ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, no conflito que deriva do peche da térmica e que deixa sen alternativa de emprego de directo e sen visos de futuro a máis de 200 persoas, entre autónomos e subcontratas".

"Centenares de ponteses e pontesas", sinala o Comité de Crise, "ven perigar o seu motor económico sen que se concreten as alternativas comprometidas", abunda.

DECISIÓN "UNILATERAL"

Os sindicatos, pola súa banda, inciden na responsabilidade de Endesa neste conflito. Así, aféanlle "tomar unha decisión unilateral sustentada nun criterio puramente económico sen alternativas sobre a mesa cunha total ausencia de sensibilidade con esta comarca".

E, no que respecta ás administracións, lamentan que lles "dan a calada por resposta desde o 7 de xuño mentres Endesa non dá ningunha concreción porque ninguén lle obriga a comprometerse cos traballadores".

A acampada das auxiliares das Pontes chega ao seu cuarto día sen contactos das administracións nin de Endesa. SINDICATOS
A acampada das auxiliares das Pontes chega ao seu cuarto día sen contactos das administracións nin de Endesa. SINDICATOS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta