Sanidade non comunica falecidos nesta xornada

A última vítima mortal vinculada á Covid-19 en Galicia foi comunicada este mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 20:48

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade non comunicou falecementos na Comunidade ligados á pandemia nesta xornada, co que as vítimas mortais vinculadas á covid-19 en Galicia mantéñense en 2.441.

Si o fixo este mércores, cando trasladou o falecemento de dúas anciás, unha delas nunha residencia. Conforme foi avanzando o proceso de vacinación o número de falecidos que se notificaba cada día foi en descenso na Comunidade, na liña do que sucede no resto do país.

UCI do Hospital Clínico de Santiago.. ANA VARELA
UCI do Hospital Clínico de Santiago.. ANA VARELA | Fonte: SERGAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta