Protesta das auxiliares de Endesa nas Pontes: "Bótannos a un lado coma se foramos lixo"

Persoal de auxiliares e sindicalistas cortan accesos á térmica e á central de ciclo combinado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2021 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Un grupo de empregados e delegados da industria auxiliar de Endesa cortaron desde as 6,00 horas deste venres os accesos á térmica e á central de ciclo combinado nas Pontes como medida de protesta ante o "abandono" da eléctrica, as administracións e tamén as compañías complementarias para as que traballan.

O representante de CCOO, Fernando Galego, lembrou que aínda non obtiveron unha resposta á súa solicitude de reunión do pasado 7 de xuño e que, mentres tanto, os operarios da industria auxiliar están a ser desprazados a outros lugares (Francia, Cartaxena ou Avilés). "A Endesa sóbralle xente", manifestou. "E estannos botando a un lado, coma se fósemos lixo", abundou. No caso da firma para a que traballa, Galego sinalou que das 50 persoas que viñan realizando tarefas de mantemento de seguridade, apenas quedarán 16 ata o inicio do desmantelamento da térmica. "E cada vez presiónannos máis", afirmou.

"INDIGNADOS"

O bloqueo finalizará ás 14,00 horas deste venres e retomarase o martes ao mediodía, segundo avanzou Galego. "Estamos indignados e sentímonos abandonados", recalcou antes de denunciar que "cada paso que se dá é para dinamitar a unidade laboral e sindical das auxiliares, mentres Endesa pretende ir de rosiñas". Desde hai dez días, empregados das auxiliares (e desde o mércores, tamén representantes do tecido económico e asociativo das Pontes e dos partidos políticos) protagonizan unha acampada fronte ao Consistorio para denunciar o "abandono" que sofren por parte das administracións central e autonómica e da propia multinacional enerxética.

Traballadores de auxiliares e delegados sindicais cortan os accesos á térmica e á central de ciclo combinado nas Pontes.. SINDICATOS
Traballadores de auxiliares e delegados sindicais cortan os accesos á térmica e á central de ciclo combinado nas Pontes.. SINDICATOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta