Feijóo, sobre Ence: "nunca seremos un partido que colabore no peche de empresas"

O líder do PPdeG critica a "política irresponsable" que "dá votos pero trae miles de desempregos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2021 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

O líder do PPdeG e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este venres que a súa formación "nunca" será un partido que "colabore no peche das empresas" pola súa "política irresponsable".

Así o manifestou durante a súa intervención no XVII Congreso do PPdeG e na xornada na que se coñeceu a sentenza da Audiencia Nacional que anula a prórroga concedida en 2016 polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy para a actividade da pasteira Ence en Lourizán.

"Nunca seremos un partido que colabore no peche de empresas, ao que lle dá igual a tarifa eléctrica aínda que pechen miles de postos de traballo, ao que lle de igual retirarse dun xuízo e non defender os títulos concesionais, porque se cadra lles dá votos, pero traen miles de desempregos", sostivo.

Tras iso, lanzou unha mensaxe aos cidadáns da Mariña, de Ferrolterra e de Pontevedra. "Mentres sexa presidente, estarei ao seu lado, sabendo o que é estar no paro como estivo a miña familia", dixo para trasladarlles que poden contar co PP, "un partido que non fai demagoxia co traballo, senón que fai todo o que pode para defender o traballo".

O líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, xunto aos baróns do partido. PPDEG
O líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, xunto aos baróns do partido. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta