O Concello de Santiago prevé resolver esta semana a convocatoria de axudas ao comercio local

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2021 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que se aprobou en xunta de goberno o gasto da convocatoria para o rescate destinado ao comercio local e previu que esta semana se poida formular a proposta de resolución de axudas.

Nunha rolda de prensa, lembrou que o orzamento destinado a esta iniciativa alcanza os 1,9 millóns de euros, que sinalou que supón unha dotación suficiente para atender as 525 as solicitudes recibidas.

No entanto, indicou que 40 establecementos non acreditaron o cumprimento das condicións esixidas na convocatoria, o que levará un excedente de 200.000 euros. En todo caso, puxo en valor que "todas as solicitudes que cumpren requisitos serán atendidas". Posteriormente, avanzou que será preciso levar a cabo unha fiscalización plena, o que estimou que suporá que as subvencións "non se poidan pagar ata finais de setembro".

Así mesmo, o rexedor compostelán explicou que se asinaron tres convenios que permitirán que o comercio local ofreza bonos de aparcadoiro gratuítos aos seus clientes por segundo ano consecutivo e que se autorizaron axudas a asociacións do sector. Deste xeito, sinalou que estas tres acciones suporán unha achega de 2,5 millóns de euros para apoiar o comercio de proximidade por parte da Administración local.

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo. CONCELLO DE SANTIAGO
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta