A tenda El Alquimista, en Lugo, abriu hai seis meses, coa mirada posta na Semana Santa e no verán, "pero agora fastidiouse todo". Teñen "ilusión" para seguir, pero "as vendas non van ser iguais despois disto". A veciñanza será chave na recuperación económica das tendas de barrio e por iso algúns establecementos, como o Paprica, chaman pola súa axuda e ofrecen bonos que poderán trocar máis adiante nos propios locais.