Renfe emitiu en Galicia case 88.000 abonos gratuítos e Avant bonificados ao 50% durante o primeiro cuadrimestre

Os trens galegos mostrarán estes días a imaxe da homenaxeada nas Letras Galegas, Luísa Villalta.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/05/2024 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

Renfe emitiu en Galicia un total de 87.981 abonos gratuítos e Avant bonificados ao 50% para desprazamentos entre o 1 de xaneiro e o 30 de abril de 2024. En concreto, do total de abonos utilizados no primeiro cuadrimestre deste ano, case 82.000 corresponden a títulos gratuítos para os servizos de proximidade e Media Distancia de Galicia. Así mesmo, Renfe expediu máis de 6.000 abonos Avant para os servizos de Alta Velocidade, que contan cunha bonificación do 50% por parte do Estado.

A nivel nacional, Renfe emitiu neste período 2,76 millóns de abonos, dos que máis de 1,71 millóns corresponden a títulos de proximidade e Rodalies, e máis de 843.790 a abonos de Media Distancia. Así mesmo, adquiríronse preto de 164.260 bonos Avant bonificados ao 50%.

LETRAS GALEGAS

Por outra banda, o secretario xeral de Lingua, Valentín García, xunto cos xerentes da área de Servizo Público e de Prestacións de Servizos de Renfe en Galicia, Alberto Martínez e Moisés Durán, presentaron este mércores na Coruña as accións acordadas para a promoción da figura de Luísa Villata, autora homenaxeada este 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Con esta colaboración, a imaxe de Luísa Villalta mostrarase nos repousacabezas dos trens de alta velocidade que realizan traxectos de Media Distancia e Avant entre A Coruña, Santiago e Ourense; e entre Vigo, Santiago e A Coruña. Valentín García puxo en valor este tipo de iniciativas visuais en espazos polos que transita tanta xente e mostrouse convencido de que espertará en interese dos viaxeiros pola autora.

Ademais dos repousacabezas, Renfe exporá nos seus espazos de información a viaxeiros de diferentes estacións os carteis gañadores do Concurso das Letras Galegas 2024, correspondente á categoría de Educación Secundaria.

Arquivo - Arquivo. Pasaxeiros nunha estación de tren.. Alejandro Martínez Vélez - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Arquivo. Pasaxeiros nunha estación de tren.. Alejandro Martínez Vélez - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta