Por Europa Press / Redacción | MADRID | 25/09/2023 | Actualizada ás 20:12
Abanca acudiu este luns aos mercados e pechou unha emisión de 500 millóns de euros en formato de bonos senior preferentes, cun prazo de vencemento de 6,5 anos, segundo informou nun comunicado remitido á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
O papel vencerá o 2 de abril de 2030 e ten un cupón do 5,875 %, a pagar por anualidades vencidas e revisable durante o último ano de vida da emisión aplicando unha marxe do 2,60 % ao tipo swap a un ano.
Abanca ten o dereito de amortizar anticipadamente a emisión pasados 5,5 anos. Tamén ten dereito a amortización en determinadas circunstancias, suxeito á normativa aplicable e previa obtención das autorizacións perceptivas.
O banco indicou que a emisión se dirixiu a clientes profesionais e contrapartes elixibles. Obtivo 68 ordes finais de compra e o libro pechouse en catro horas. Este bono será computable a efectos dos requisitos mínimos de fondos propios e pasivos elixibles (MREL, o coñecido como colchón anticrise).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.