A Deputación da Coruña destina 170.000 euros para o programa de voluntariado da Fundación Paideia

A iniciativa volverá achegar a 300 mozos a oportunidade de saír ao estranxeiro para mellorar as súas competencias persoais e profesionais. Como novidade, farase fincapé nas zonas rurais da provincia.

Por E.P. | A CORUÑA | 19/07/2021 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña destina un total de 170.000 euros a apoiar actividades formativas e informativas do programa de voluntariado social en países europeos da Fundación Paideia, dirixido a mozos desempregados da provincia.

O titular provincial, Valentín González Formoso, e a presidenta da Fundación, Sandra Ortega, rubricaron o acordo a través do que a institución provincial financia o 70% do custo total da iniciativa.

No 2020 participaron neste voluntariado un total de 169 mozos coruñeses de entre 18 e 30 anos, dos que 133 procedían da cidade da Coruña e o resto dos municipios de Arteixo, Betanzos, Boiro, Brión, Camariñas, Cambre, Carballo, Carral, Culleredo, A Laracha, Miño, Noia, Oleiros, Ribeira, Rois, Sada e Santiago.

Neste exercicio, a iniciativa volverá achegar a 300 mozos a oportunidade de saír ao estranxeiro para mellorar as súas competencias persoais e profesionais. Como novidade, farase fincapé nas zonas rurais da provincia.

"O voluntariado social non só contribúe a abrir novos marcos e perspectivas vitais, senón que tamén potencia o espírito emprendedor", destacou o presidente provincial, que tamén sinalou que este tipo de accións contribúen a promover unha cultura participativa e solidaria".

Pola súa banda, Sandra Ortega agradeceu "un ano máis" á Deputación a súa colaboración coa Fundación Paideia e destacou que, a través deste proxecto, "300 mozos da provincia obterán a información e formación necesarias para participar nunha experiencia única para elas e eles", finalizou.

González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta