Rescatan a un neno que quedara illado pola marea nas rocas nunha praia de Carnota

Outro menor foi atropelado nas Pontes e trasladado ao centro sanitario de referencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2021 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

Membros de Protección Civil evacuaron a un neno que quedara illado pola marea nunha zona rochosa do areal da praia de Boca do Río, en Carnota.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foron os propios familiares do neno os que se puxeron en contacto co 112 sobre as 15,00 horas para pedir axuda.

Así, indicaban que o menor estaba en perfecto estado nunhas rocas das que non podía moverse debido á subida da marea e á corrente que o rodeaba.

Ante iso, os xestores do CIAE 112 avisaron a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Local e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio.

Estes últimos foron os que, minutos despois do aviso, confirmaron ao 112 que, xunto cos axentes da Policía Local, colaboraron na evacuación do neno por mar, dado que a marea non cubría moito no punto. Finalmente, os medios de Salvamento Marítimo non tiveron que chegar a desprazarse.

ATROPELO DUN MENOR NAS PONTES 

Por outra banda, outro menor foi trasladado ao sufrir un atropelo na rúa Doutor José Varela González, nas Pontes de García Rodríguez.

Foi un particular quen lle deu, ás 16.00 horas, o aviso ao 112, desde onde se alertaron aos servizos sanitarios, á Policía Local, aos Bombeiros do Eume e a Protección Civil da localidade.

Finalmente, os medios desprazados explicaron que o menor foi trasladado polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.

Praia de Carnota.
Praia de Carnota.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta