Detectan tres positivos nun cribado a mozos en Santiago

A área de A Coruña e Cee amplía o sistema de autocita para cribados ante a "baixa afluencia aos realizados nos últimos días".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2021 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Santiago e Barbanza detectou tres positivos no cribado a mozos de 16 a 29 anos que comezou este pasado luns con mil citacións. Así o informou a área sanitaria compostelá, que sinalou que este martes prosegue este cribado poboacional con outros mil convocados da mesma franxa de idade no Hospital de Conxo.

Este cribado está dirixido a 5.000 persoas que serán citadas en varios días de entre 16 e 29 anos con cartón sanitario na área de Santiago, que serán citadas a través de SMS.

Así mesmo, esta área sanitaria lembra que tamén continúa este martes no Hospital Clínico o cribado a persoas que se inscribiron no sistema de autocita do Sergas.

ÁREA DA CORUÑA E CEE

Pola súa banda, a área Sanitaria da Coruña e Cee, debido á "baixa afluencia aos cribados poboacionais realizados os últimos días", explica, amplía o sistema de autocita para cribados poboacionais a toda a comarca da Coruña a partir deste mércores, 21 de xullo.

Os municipios incluídos neste autocribado poboacional son Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

As mesmas fontes sanitarias puntualizan que para anotarse poderase acceder desde a páxina web da área Sanitaria da Coruña e Cee ou desde esta ligazón na web do Sergas.

Cribado
Cribado | Fonte: Concello de Abegondo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta