Por Europa Press / Redacción | FERROL | 15/07/2025 | Actualizada ás 13:45
Unha muller tivo que ser trasladada en ambulancia a un hospital ao resultar afectada por un incendio na súa vivenda en Narón (A Coruña). Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu sobre as 11.30 horas nun piso da Praza Asilo, en Xubia. Un particular contactaba co número de emerxencias para explicar que saía fume pola xanela dunha veciña e que conseguiran acceder por unha xanela e localizar á persoa.
Ata o lugar desprazouse unha dotación dos bombeiros de Narón, que explicaron que ardeu unicamente unha tixola que se quedou ao lume. A muller, atendida polo 061 in situ, terminou evacuada en ambulancia ao Hospital Arquitecto Marcide. Tamén participaron no operativo axentes da Policía Nacional e Local.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.