Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2021 | Actualizada ás 11:00
A pesar da pandemia, os parkings dos aeroportos fóronse recuperando, e rexistraron un 30% máis de reservas entre a última semana de maior e o mes de xuño, con respecto ao mesmo período do 2019. Así o demostra un estudo de Elparking, que destacou que os aeroportos galegos son os máis baratos se se reserva con anterioridade.
O estudo reflicte que a reserva previa ou o pago por adiantado poden reducir o prezo dos parkings, sendo o Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro o que maior desconto ofrece de toda España. En concreto o estudo apunta que, con reserva previa, o custo de aparcar en Santiago pode baixar dos 52€ aos 16€, o que supón unha redución do prezo do 69%.
Con respecto aos descontos, o aeroporto de A Coruña e o de Vigo atópanse no terceiro e quinto lugar respectivamente, podendo presentar rebaixas do 65,3% no caso do Aeroporto de Alvedro e do 61,5% no Aeroporto de Lavapiés. Aplicados os descontos, os tres aeroportos galegos ocupan o podio dos aeroportos españois con mellor prezo: 16€ en Santiago, 18€ na Coruña e 20€ en Vigo.
"Ante a recuperación, estes aparcamentos son clave prara mellorar a mobilidade nestas zonas, que están acostumadas a acoller unha gran demanda de vehículos durante unhas horas, días ou incluso semanas", explica o fundador e CEO de ElParking, Enrique Domínguez.
Con todo, ElParking recorda que os condutores tamén poden optar por aparcamentos alternativos como parkings low cost nas inmediacións dos aeroportos ou servizos de “gardacoches”, que varían os seus prezos dende os 13 ata os 20 euros nalgúns aeroportos españois.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.