Galicia roza o 60% de vacinados de 30 a 39 anos con polo menos unha dose

O 67% de poboación xa ten pauta completa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/07/2021 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Galicia continúa co proceso de vacinación contra a Covid-19 e avanza na inmunización dos mozos de 30 a 39 anos con case o 60% co menos unha dose, tras sumar 18.307 persoas máis deste grupo, mentres que o 66,8 por cento da poboación diana da Comunidade galega conta xa con pauta completa.

Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do mércores, recollidos por Europa Press, administráronse 3.331.572 dose das 3.429.905 recibidas ata a data, que supoñen 21.647 postas máis.

Diso pódese deducir que a xornada de vacinación deste mércores pasado centrouse en avanzar na inmunización do grupo de 30 a 34 anos con 16.867 máis e de 35 a 39, con 1.440, así como seguir completando pautas, con 2.254 cidadáns máis co proceso finalizado.

Por condición de vulnerabilidade, os últimos datos actualizados por Sanidade reflicten que se administrou polo menos unha dose a 15.371 persoas de alto risco (+25) e 14.929 completaron a pauta (+18); mentres que 17.627 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose (+4) e 17.451 contan coa pauta completa (+34). Ademais, 26.567 persoas institucionalizadas recibiron como mínimo a primeira picada (+2) e 26.415 finalizaron o proceso (+8).

GRUPOS DE IDADE

Por tanto, ata a data recibiron polo menos unha dose 1.618.947 persoas maiores de 40 anos en Galicia, que supoñen un 94,11% das 1.720.101 chamadas a vacinar na Comunidade galega a partir desa idade --segundo os datos globais do Ministerio de Sanidade--.

Así mesmo, foron vacinadas 136.824 persoas de 35 a 39 anos (+1.440) e 56.898 de 30 a 34 anos (+16.867), o que supón 193.722 cidadáns de entre 30 e 39 anos, un 59,92% duns 323.300 a inmunizar en Galicia nesa franxa de idade. Tamén recibiron polo menos unha dose 15.316 persoas de 25 a 29 anos (+46); 9.565 de 20 a 24 anos (+225); 1.504 de 15 a 19 anos (+95) e 145 de 10 a 14 anos (+13).

Por iso, 1.825.419 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina en toda Galicia, que constitúen un 74,37% da poboación diana a vacinar no conxunto da Comunidade galega.

Un sanitario administra a primeira dose da vacina AstraZeneca contra a COVID-19 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.. César Arxina - Europa Press
Un sanitario administra a primeira dose da vacina AstraZeneca contra a COVID-19 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta