Feijóo insiste en que a de Salamanca "non é unha Conferencia de Presidentes"

Espera que Sánchez "escoite" ás autonomías durante eses "cinco minutos".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 26/07/2021 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, insistiu este luns en que a cita do venres en Salamanca "non é unha Conferencia de Presidentes" senón "outro formato" no que se dá aos mandatarios autonómicos "cinco minutos" para intervir. En todo caso, manifestou que espera que o xefe do Executivo central, Pedro Sánchez, os escoite "neses cinco minutos".

En declaracións aos medios en Caldas de Reis, Feijóo defendeu que a cita de Salamanca "non" é unha Conferencia de Presidentes porque non se axusta ao regulamento, que esixe, entre outras cuestións, "sesións preparatorias, pactar unha orde do día e circular documentación adecuada que será abordada para poder facer despois unha aprobación total ou parcial".

"Isto non é unha Conferencia de Presidentes, isto é unha reunión do presidente do Goberno que chama aos presidentes autonómicos, dado que no Estado das Autonomías a cogobernanza está imbricada na propia Constitución española", remarcou.

En consecuencia, engadiu que, "cada vez que chame" o xefe do Executivo central, os presidentes autonómicos acudirán. Pero insistiu en que "non" se pode afirmar que "se trata dunha Conferencia de Presidentes" porque "non o é".

"É outro formato, un formato informal no que o presidente nos conta algunhas cousas, algunhas que xa sabemos, e danos aos presidentes autonómicos cinco minutos para expor. Gustaríame que a pesar do tempo limitado de cinco minutos o Goberno nos escoitara, non só que nos ouvise. A ver se conseguimos que nos escoite con máis atención", resolveu.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro do Medio Rural, José González, visitan a fábrica de Clesa, en Caldas de Reis (Pontevedra).. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro do Medio Rural, José González, visitan a fábrica de Clesa, en Caldas de Reis (Pontevedra).. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta