Isabel Bravo recibe o Somos Esenciais 2020: "O sentido do xornalismo é contar o que a xente ten dereito a saber"

Ángel Paniagua foi finalista cunha reportaxe en La Voz de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2021 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

A xornalista de Radio Coruña-Cadena SER Isabel Bravo recolleu este luns o Premio de Xornalismo Somos Esenciais 2020 pola súa peza radiofónica 'Cando as preguntas aínda non tiñan resposta'. Nun acto na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en colaboración con Gadis, Bravo destacou: "O sentido do xornalismo é contar o que a xente ten dereito a saber".

Tras recibir o diploma do galardón, a xornalista subliñou que "o xornalismo recuperou nesta pandemia o protagonismo que moitas veces se diluíu entre tanto ruído". Así mesmo, fixo fincapé na necesidade de dar valor á información local "porque o universal das historias ten un acento eminentemente local". Igualmente, apelou a exercer a profesión en condicións dignas, lonxe da precariedade que "ten unhas consecuencias no xornalismo".

Pola súa banda, Ángel Paniagua, de La Voz de Galicia, foi finalista pola reportaxe 'La uci del covid, desde dentro: 'No somos héroes'. Na súa toma da palabra, dixo que é "un premio especial porque é un premio de compañeiros de profesión". Durante o acto, a vicedecana segunda do Colexio de Xornalistas, Belén Regueira, lembrou que o 'Somos Esenciais' naceu na pandemia para reivindicar "a condición esencial do traballo xornalístico". A continuación, o director de Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa, Antonio Cortés, incidiu no "papel fundamental" do xornalismo durante a crise do coronavirus.

A xornalista galardoada, Isabel Bravo
A xornalista galardoada, Isabel Bravo | Fonte: Cadena Ser

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta