Andalucía, Valencia, Estremadura e Euskadi saen do rexistro obrigatorio de viaxeiros en Galicia

Tampouco está Madrid. Galicia suma dez territorios europeos á listaxe do Sergas, entre eles Grecia, Irlanda, Mónaco e Xibraltar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2021 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A Xunta inclúe a oito comunidades --fronte ás 12 de fai quince días--, así como a países europeos como Portugal e Reino Unido entre os territorios de procedencia que calquera viaxeiro que chegue a Galicia debe notificar ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) no marco da pandemia pola Covid-19.

O Diario Oficial de Galicia publicou este martes a actualización da listaxe de países e comunidades autónomas con esta obrigación, que implica que as persoas que entren en Galicia despois de estar nestes lugares nos 14 días anteriores deben comunicar, nun prazo máximo de 24 horas, os seus datos de contacto e estancia a través da web https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou do teléfono 881 00 20 21.

A listaxe de comunidades e cidades autónomas baixa en catro territorios en relación a 15 días atrás, xa que del saen Andalucía, Valencia, Estremadura e País Vasco. Seguen sendo de declaración obrigatoria as chegadas desde Aragón, Asturias, Baleares, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Navarra e A Rioxa.

En canto aos países de Europa, crece a listaxe xa que, aínda que o abandonan Acerbaixán e Xeorxia, entran unha decena de novos territorios. En total, figuran na listaxe 16: o dez novos son Andorra, Grecia, Irlanda, Illa de Man, Illas Faroe, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Países Baixos e Xibraltar, que se suman a Chipre, Xersei, Kósovo, Portugal, Reino Unido e Rusia.

Ademais, saen varios territorios do continente americano, no que entra Curacao. Así, están na lista ao redor dunha vintena: Arxentina, Brasil, colombia, Costa Rica, Cuba, Cuaracao, Illas Virxes, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua, República Dominicana, san Kitts e Nevis, Surinam, e Trinidad e Tobago.

No caso de Asia, no que entran e saen tamén varios territorios, fíxase a lista nun total de 16: Bangladés, emiratos Árabes, Iraq, Malaisia, Maldivas, Mongolia, Nepal, Omán, Palestina, Kirguizistán, Afganistán, Indonesia, Mongolia, Myanmar, Paquistán e Siria.

TODO ÁFRICA

Así mesmo, mantense o rexistro obrigatorio para viaxeiros todos os países do continente africano, así como os procedentes de Fiji de Oceanía.

Esta resolución da Dirección Xeral de Saúde Pública entra en vigor este mércores, 28 de xullo, e actualizarase nun prazo máximo de 15 días.

Pista da nova terminal do aeroporto de Lavacolla. EUROPA PRESS - Arquivo
Pista da nova terminal do aeroporto de Lavacolla. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta