Un novo episodio de contaminación no encoro das Conchas imposibilita o baño na Portorriqueña

Dende Amigos da Terra denuncian que esta "presenza alarmante" e "recorrente" de cianobacterias non pode atallarse sen atallar primeiro a problemática da xestión dos residuos gandeiros na comarca da Limia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/07/2021 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O encoro das Conchas volveuse tinguir de verde nesta tempada estival e rexistra agora un "considerable" empeoramento na calidade da auga segundo a última analítica da Consellería de Sanidade realizada o 26 de xullo. A razón: as cianobacterias.

Encoro das Conchas.
Encoro das Conchas. | Fonte: Fonte: Amigos da Terra.

A asociación Amigos da Terra denuncia que, malia que este "boom" de cianobacterias está favorecido polas altas temperaturas e o feito de haber máis horas de luz solar e un exceso de nutrintes, principalmente débense a nitratos provintes das explotacións gandeiras da comarca da Limia "que son o caldo de cultivo perfecto para que proliferen as cianobacterias, e consecuentemente afectando á salubridade e o estado sanitario das augas".

Esta afección á salubridade alcanza a súa peor cara na zona de Portoquintela, no concello de Bande, que se atopa en Nivel 3: o reconto de cianobacterias supera as 100.000 cél/mL ou ben se contabilizan toxinas ou se detenctan espumas e natas en áreas onde pode existir contacto directo cos bañistas e existe risco de inxestión ou aspiración. Por todo isto, polo risco de efectos adversos para a saúde, queda prohibido bañarse e realizar actividades acuáticas na zona. 

Dende Amigos da Terra denuncian que estes "episodios recorrentes de contaminación non se solucionan se non se atalla a problemática da xestión dos residuos gandeiros que producen as explotacións da comarca da Limia e Baixa Limia". Algo que, din, ampárase nun informe recente realizado polo Ministerio de Transición Ecolóxica, que tamén alerta do risco de contaminación por nitratos que existe nas aguas dos ríos en varios puntos da comarca de Xinzo de Limia. A asociación manifesta que non se trata tampouco dunha situación illada, e alerta de que o encoro das Forcadas, no concello de Valdoviño, está na mesma situación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta