Unanimidade na Deputación de Ourense para equiparar os dereitos administrativos de nenos en acollida e fillos biolóxicos

A Deputación de Ourense comprométese a instar á Xunta Galicia e ao Goberno central a adoptar "medidas reais e efectivas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2021 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

O pleno da Deputación de Ourense aprobou por unanimidade unha moción do PSdeG, emendada polo PP, na que se solicita que se adopten "medidas reais e efectivas" para equiparar os dereitos administrativos dos menores de idade en acollemento familiar cos dos fillos biolóxicos.

En concreto, aprobouse instar á Xunta e ao Goberno central a establecer a equiparación, na medida do posible e con efecto administrativo, dos menores en acollida á condición dun fillo biolóxico, durante o tempo que se atope en acollida para facilitar o acceso á familia a axudas ou bolsas.

A Deputación de Ourense comprométese a instar á Xunta Galicia e ao Goberno central a adoptar "medidas reais e efectivas" nas partidas orzamentarias para as familias acolledoras porque, segundo recollen no texto da moción, "en Galicia perciben unha contía económica que non chega nin para cubrir alimentos e ademais teñen escasas subvencións, a pesar de ser o titor legal a administración".

A encargada de defender os puntos da moción foi Carmen Dourado, coordinadora e traballadora social da Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo), quen asegurou que "nunca houbo tantos nenos institucionalizados" nin en Galicia nin no resto do Estado como actualmente. Así, censurou que "é un feito grave porque se lles está negando un dereito fundamental como é o de crecer en familia".

No pleno levou a cabo un receso para decidir cal sería o veredicto sobre a moción. Un xesto que enfadou a Álvaro Vila, deputado do Grupo Socialista, que pediu "transparencia" e que a decisión se tomase diante dos micrófonos porque "é un asunto serio no que todos han de estar de acordo".

Con todo, Vila puxo de relevo que Ourense é a "única" das catro provincias galegas nas que a Xunta de Galicia segue un criterio diferente coa acollida permanente, criticando que "pasados os dous anos da acollida non poden seguir coa familia".

Reunión da xunta de gobienro da Deputación Ourense. ALBERTE PAZ GARZA
Reunión da xunta de gobienro da Deputación Ourense. ALBERTE PAZ GARZA | Fonte: DEPUTACIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta