Temas: PP OURENSE

Aprobada unha moción de reprobación ao PP por volver ao Goberno de Jácome en Ourense

A iniciativa saíu adiante cos votos de nacionalistas, PSOE, Cs e díscolos de DO.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/08/2021 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense celebrou o seu pleno ordinario do mes de agosto, no que o BNG defendeu unha moción de reprobación ao PP por volver ao goberno que dirixe Gonzalo Pérez Jácome, de Democracia Ourensá (DO). Finalmente, a iniciativa saíu adiante cos votos de nacionalistas, PSOE, Cs e díscolos de DO.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Concello de Ourense.

O Partido Popular marchouse do Goberno o pasado mes de setembro, cando parte de compoñentes Democracia Ourensana levaron as contas do partido ante a Fiscalía e denunciaron irregularidades na xestión económica do rexedor ourensán.

Con todo, os populares e Jácome reconciliáronse este pasado mes de xuño pouco antes de que a xuíza rectificase unha decisión inicial e detectase indicios de malversación. Pero, a pesar diso, polo momento mantéñense no goberno aludindo ao "respecto máximo ás decisións xudiciais" pero tamén "á presunción de inocencia".

Luís Seara, o portavoz do BNG en Ourense, foi o encargado de explicar todos estes antecedentes na súa moción á que titulou "crónica dunha traizón anunciada". Por todo iso, pediu a reprobación dos edís populares.

O FOCO NAS MUNICIPAIS

"Como ás veces se pode votar por punto as mocións, esta pódese votar por concelleira?, preguntou ironicamente Gonzalo Pérez Jácome.

Os representantes de cada un dos partidos que debateron nesta moción puxeron o foco nas eleccións municipais do 2023. O primeiro foi Armando Ojea, o tenente alcalde e concelleiro por DO.

Asegurou que "afean a actitude" do PP pero "vendo o acordo da moción non podemos reprobar que volvesen ao goberno".

O concelleiro de Ciudadanos, José Araújo, manifestou que "isto vai acabar mal porque hai moitos egos" e "a personalidade política do alcalde é difícil". Ademais, asegurou que o dos populares "é unha papeleta".

"CORTINA DE FUME"

O Partido Popular, pola súa banda, acusou o BNG de "ter superioridade moral" e aproveitou a quenda para reiterar que o PP propuxo no seu momento que gobernase a lista máis votada.

"Hai unha cortina de fume tal que non ven os chourizos", foi a resposta por parte do portavoz socialista, Rafael Rodríguez Villarino.

O último en falar foi Laureano Bermejo, ex de Ciudadanos e agora do grupo de non adscritos. "Reprobamos agora, e mañá que pasa?, que hai máis aló da superioridade moral?", cuestionou.

Con todo, a moción saíu aprobada cos votos favorables de PSOE, BNG, Ciudadanos e o non adscritos de Democracia Ourensana.

Temas: PP OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Non hai nada mellor que facer en Ourense ? Por máis reprobacións do PP a cabeza de Jácome non peligra mentras Villarino siga a buscar dous sillóns un no Concello e outro na Deputación ! Pero Ourense non é só Auria seica existen máis Concellos na Provincia !

1 Gamela

Xa nos gustaría en Vigo ter acceso aos Plenos do Concello como teñen os veciños de Ourense ! https://youtu.be/o5vEeHeRfmw Parece que o concepto "progresista" da política estase a volver cada día máis OPACO á hora de manter os dereitos democráticos básicos! Os Plenos por lei deben ser PÚBLICOS (agás en Vigo) !